off
Política, Politica espanhola — 25 Abril, 2015 at 6:22 a.m.

Lorca, asasinado por “homosexual” segundo un informe de 1965

by
García Lorca  1932  O Azogue
Ao pé do cruceiro de Sta Maria do Azogue en Betanzos en maio de 1932. Lorca pousa con Ramón Fernández Cid, Xosé Álvarez Sánches, Francisco Esteve e Xosé Barbeito

E vermello. Foi fusilado só en compaña doutra persoa e non máis como se afirmara até o de agora. “Pasárono polas armas logo de ter confesado”  e ser enterrado “a flor de tierra”. Todos estes pormenores  do autor dos “Seis poemas galegos” se ensarillan nun documento do ministerio de Gobernación que publicou do  xoves 23 Eldiario.es. O documento redactouse en 1965 por encomenda da embaixada española en París e co permiso de Manuel Fraga, na altura ministro de Información e Turismo. Escrito 29 anos após do asasinato do poeta granadino, describe a homosexualidade como 2unha aberración”.Porén, o informe non fornece pistas de onde foi enterrado. A dous quilómetros de Fuente Grande. Nin o que o poeta disque confesou antes de morrer. Ainda que debruza nos detalles dos seus supostos crimes: socialista, masón e homosexual.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off