off
Cedeira, Galiza — 27 Marzo, 2015 at 10:35 a.m.

Chega a primavera, con certeza

by

Este  venres comezará a influcir o anticiclón con menos nubes no leste e ascenso das temperaturas, informa MeteoGalicia. ollaparo_estei_2014-01-05 17.10.12No oeste aínda predominarán as nubes. As temperatures suben claramente,  altas presións e ventos de compoñente oeste. Andando o día os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no centro e leste do país, mentres que na franxa atlántica haberá intervalos anubrados.

Á noite volverán a entrar as nubes a toda Galicia, con orballos no litoral. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas quedarán sen cambios. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte.

A partir da segunda-feira as altas presións moveranse cara ao norte collendo a Galicia no seu radio de acción. Deste xeito entre luns e venres o prognóstico máis probable é de ceos despexados, temperaturas elevadas durante o día, con máximas que superarán os 20ºC en moitos puntos do litoral e os 25ºC en áreas do interior e ventos practicamente en calma.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off