off
Meio ambiente, Saúde — 22 Maio, 2014 at 6:43 p.m.

ADEGA recibe de Defensa a confirmación de que o vertedoiro de explosivos non ten medidas de control

by

Fonte: AdegaDefensa  nen vixila nen fai seguimento do vertedoiro de explosivos F-130 fronte a  costa galega. Nen coñece  o tipo de munición fondeada nen controla o que alí se deita. O único coñecido é a súa localización. Por outra banda, as Consellarías do Mar e de Medio Ambiente respostaron non teren información, declarándose incompetentes e remitindo a Defensa, cousa que fixo Adega.

A sensación de desleixo e de opacidade é grande xa que agás a  localización precisa do vertedoiro(un círculo de 3 millas náuticas de radio centrado nas coordenadas  43º45’N, 09º02’W o Ministerio escúdase que argumentos temporais:”Dado el tiempo transcurrido desde que dejaron de utilizarse[1995], actualmente la Armada ya no dispone de información donde se concrete el tipo exacto de munición fondeada”.

Adega informa que  o que motivou a prohibición destas actividades dende 1995 é o convenio de Londres. Por tanto, é mesmo que preocupante que Defensa recoñeza que “la Armada no realiza ningún tipo de vigilancia especial relativa a la contaminación de la zona”.

O recoñecer explícitamente que se descoñece a munición depositada é  como desentenderse irresponsabelmente do tipo de contaminantes que se poden ceibar ao medio ambiente. Se non hai control nin de inventario danos unha idea da improvisación  e desleixo que supón alegar que  “a opinión científica maioritaria está conforme con que as municións presentes no fondo mariño no n presentan riscos para a saude humana nin para a contorna se non se altera a sús situación actual”.

Con razón se pregunta Adega como como se van poder avaliar os riscos se non se sabe a súa situación actual?

A organización ecoloxista acrescenta que  “o propio documento da OSPAR indica que dende abril de 1999 a outubro de 2008 houbo 7 achados casuais de munición na costa galega, todos preto do vertedoiro F-130″.

Salientando que  para os autores do informe   hai un claro risco para pescadores e mergulladores nas áreas das verteduras, e que os contaminantes da munición convencional e química poderían chegar á cadea trófica.

Como é que teñen que ser a sociedade civil quen reclame das administracións a aplicación das súas competencias como é coñecer de primeira mán o que se deitou con exactitude  nas coordenadas  43º45’N, 09º02’W, o estado actual do vertedoiro e as medidas que pensan adoptar.

Un caso máis no que a Xunta de Galicia se escuda na falla de competencias para  tornarse un organismo ao pairo e ao ditado de Madrid sen que  a incerteza que alí acubilla e o potencial risco  para a saúde lles sirvan de razóns suficientes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off