Cómpre revisitar esta curta de Carlos Alberto Alonso baseada nun conto de Mia Couto. Rodada nas Travesas e Caaveiro (A Coruña) o cineasta ferrolá – outrora locutor en Radio Fene- tómalle o pulso ao vello costume de contar historias através dunha imponente naturalización do son, que lle valeu o ll Premio ao mellor son no II Festival de Cine e Video Latinoamericano de Buenos Aires (2004). Unha parella de vellos vive afastada da civilización na súa humilde casa. Un día o home decide comezar a cavar un burato para enterrar nel a súa muller, cando ela morra. Ela pídelle que o deixe, pero el teima en que a morte está preto para ela.
Nominada aos Mestre Mateo 2002. Premio á mellor curtametraxe no XIV festival de curtas de Cergy Pontoise (Francia, 2004). Premio á mellor ficción no II Festival de Cine e Video Latinoamericano de Buenos Aires (2004).
Axudante de dirección: / Inés Lugo
Dirección: / Carlos Alberto Alonso
Dirección fotografía: / Roberto “Txaka” Escudero
Guionista: / Carlos Alberto Alonso
Iluminación: / Xavi Viaña
Intérpretes: / Tucho Lagares / Manuel Lourenzo / Fely Manzano
Montaxe: / Manuel Camisuli
Produción: / Txiki Calvo
[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=lbxZUqy9G_M[/youtube]