off
Entrevistas, Política — 2 Novembro, 2013 at 8:03 a.m.

Francisco Rodriguez: cómpre debater o que non se debate

by
Aurélio Lopes entrevista a Francisco Rodriguez en Irmandade TV

“Galiza non é viabel no marco autonómico, non é que non o sexa Cataluña, Galiza tampouco”

“O Sergas e a educación están como están non só pola política privatizadora do PP, e que con este sistema de finanzamento outro goberno alternativo non faría tantas barrabasada mais tamén tería que facer recortes porque este sistema que utiliza España  non responde ao que tributamos os galegos”

“Un país sen entidades financieiras non é viabel”

“Non se pode ter unha especie de autogoberno apariencial cando non se sustenta en ningunha capacidade executiva real, o que significa a necesidade do dereito a decidir, ter capacidade para poder facer algo diferente ao que existe”

“Galiza tería que recadar todos os tributos ao cento por cento e, despois, se hai un proxecto común de convivencia no estado español entre as distintas nacións  chegar a un acordo de canto diñeiro se dá por aquelas competencias que sexan compartidas, que sexan comúns, que haxa unha execución delas que exceda aos executivos nacionais”

“Euskadi recada todos os tributos incluso os das deputacións”

Se poideran reformar hoxe a Constitución acabarían con todos os dereitos históricos…e esa alternativa non queren darlla a outras nacións como Cataluña.”Cataluña está abocada ao independentismo porque iso non se quere conceder. Pero ese problema non é basco nen catalán. O caso galego, se estivésemos moito máis responsabilizados, máis conscentes da nosa situación, sería un caso paradigmático desa necesidade”.

“En Amio había unha discrepancia política e ideolóxica que non e formalizou como tal. Estivemos dous anos montando unha especie de gaiola de grilos sen que se formalizase derriba da mesa o querer ir con forzas políticas estatais. Isto non llo escotei a ningúen nunca.Senón non se explica esa celeridade con que se produciu todo”

“Se o problema é simplemente desprazar ao PP por unha suma de forzas políticas electorais, penso que repetiremos escenarios moi pouco agradábeis dende o punto de vista das maiorías sociais”

“Calquera proxecto de unidade sobre o propio país comezará polas forzas políticas próprias, iso enténdeo calquera. Un nacionalista se alia primeiro con nacionalistas. Primeiro, a unidade das forzas políticas que actúan no propio país. Segundo, que eu saiba o BNG é moito máis dende o punto de vista electoral e social moito máis que IU en Galiza. Prefírese a unidade con unha forza política sucursalita e minoritaria no propio país fronte a outra que non é sucursalista, que ten unha traxectoria e que era maioritaria. Iso é unha opción dunha ruptura clarísisma cunha tradición con moitos anos de nacionalismo. Ainda hoxe, neste momento, non me preocupa esta cuestión porque eu teño claro que  nós temos que ir pola via da autoorganización e a a unidade das forzas políticas galegas”

“Ou o país ten responsaiblidade, cre na súa propia capacidade e a partir de aí actua ou realmente o futuro de Galiza vai ser moi escuro, moi negro. E despois hai unha cuestión que  a min me preocupa máis  neste conflito e é – non sei se nos estamos decatando- de que os resultados eleitorais estanse producindo cada vez máis sobre unha franxa eleitoral moi escasa.Vamos camiño de ir a menos do 50%. O 50% da poboación non vota nen participa nen quere saber nada

“Non é xiro soberanista do BNG. Unha cousa é intentar introducir a alternativa soberanista na sociedade e outra que sexa un eslogan puramente”

“Sen organización social non hai nada que facer e nos tempos que corren, moito menos”

“Se non es hexemónico socialmente, ainda que eleitoralmente teñas unha certa relevancia, as capacidades son mínimas, pírricas”

Galiza ten unha capacidade de mobilización moi grande. Este é o problema: a distorsión, a esquizofrenia grave que ten Galiza é iso…. capacidade mobilizadora que non ten outras partes do estado español malia a confusión ideolóxica. O grave é que  non teña unha traslación política e ideolóxica máis clara. É evidente  que aquí fallan moitas cousas, corenta anos dun sistema educativo fatal  que foi a pior e uns medios de comunicación  e adláteres que só cumpren funcións negativas, falla algo moi grave, que a xente comprobou que o país foi mermando as súas capacidades económicas en termos relativos e claro, para confiar, hai que ver tamén mudanzas. E nós temos que recoñecer que en Galiza as mudanzas foron en moitos aspectos negativas, moi negativas. Eu vivo nunha cidade  na que hai unha sensación de derrota pero sobretodo de angustia, de que está caendo todo derriba nosa, que non deixa de ser unha metáfora moi avanzada de Galiza e iso non axuda”

“Como galego e como persoa responsable da parte que me toca do BNG, estame a preocupar moito máis o feito de que hai xente que podía votar nacionalismo que non o vai votar…e que non vai votar nada. O problema é que se poden ter 14 deputados con 114 mil votos. Iso é lexitimidade para gobernar un país?”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off