off
O Curruncho musical de Antón, Poesía — 26 Xaneiro, 2013 at 7:53 p.m.

O mico

by

Teño a alma triste,

morreume o meu gato,

non estou para* chistes.

Non quero aturuxos

nin ledas foliadas

nin trucos de bruxos.

Chamábase Mico,

viña xunta min

e dábame bicos.

Cando estaba farto

íase durmir

ó sillón do cuarto.

Nas noites de inverno

co frío do leste

pasaba un averno.

Cando ía ás mozas,

voltaba lixoso

a causa das rozas

e o baño das pozas.

Hoxe ó meu Mico

déronlle un pao,

xa non lle oigo

o seu ledo miao.

Malia quen llo deu

e a súa ralea

por matar ó Mico meu!.

*Para: pra.

Cedeira, 13 de abril de 2010

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off