off
Meio ambiente — 22 Xaneiro, 2013 at 8:06 p.m.

Situación da praia da Magdalena

by

O porto refuxio de Cedeira sempre foi vulnerabel ao abrazo terribel, ao tempo que gorentoso e fertil, do mar. Despois da creación do dique de abrigo, mudaron as correntes  e os efectos da erosión e posteriores procesos de arrastre e sedimentación. Mais tamén cómpre debullar que outras das dificultades para a conservación e mantenimento da zona dunar que sirve de colo  e de protección da praia dende terra, é a presión urbanística. As extraccións ilegais doutrora e as rexeneracións erradas, as festas e acampadas  incontroladas de hoxe en día e a deturpación de flora e o propio impacto dos milleiros de persoas que nunha semana de verán poden atravesar o espazo, ben sexa de xeito lonxitudinal (seguindo o areal) ou transversalmente ( do paseo da Magdalena á ría).  A primeira consecuencia do paso sobre o minguado sistema dunar das persoas que non respeitan os carreiros, provoca unha forte erosión sobre os marouzós. A segunda consecuencia é que as especies vexetais tamén se resiten. A nova presenza de zonas residenciais ao estilo “mediterráneo” viñeron rematar coa posibilidade dun connector biolóxico entre a zona das regas e os marouzós , tan necesario para o estreito espazo que  é a zona dunar da Magdalena (Texto: Olláparo Edición.Fotos: Xosé Cheda)

[wzslider]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off