off
Poesía — 11 Outubro, 2012 at 10:10 a.m.

A Xesús López Pintos

by

Esta homenaxe ben dada polas agresións sufridas por Suso a semana pasada, por parte da Policía Nacional (Española), así como pola súa traxectoria de defensor a ultranza dos dereitos dos traballadores.

Que sería , tal e como está a acontecer hoxe cos recortes e coa reforma laboral, no noso País ( Galiza ) e no resto de España, se non fora por loitadores coma Pintos ?.

Eu, que coñecín a primeiros dos anos setenta a aqueles grandes sindicalistas na empresa Bazán ( hoxe Navantia), poido dicir sen lugar a dúbida, que Suso Pintos non desentonaría no medio deles.

Por iso mesmo vou tamén a comparalo con este personaxe de ficción ( tamén sindicalista) chamado “Proa ao Vento”, que é o protagonista deste relato-poesía titulado “Aló polo trinta e seis”. Vai por ti!

 Aló polo trinta e seis

Recórdome cando neno

oirlle a un vello contar,

sentado nunha chalana

e cunha códia na man,

unha historia moi antiga

que parece foi verdade.

 

Fala de tempos pasados

aló polo trinta e seis

cando ser boa persoa

era estar fora da lei.

 

O conto dicia así:

Era unha noite tan fría

que nin ladraban os cans,

cando pola rúa andaban

tres caciques do lugar,

tiñan cartos como area,

e barcos para ir pescar,

eran os donos do pobo:

“o alcalde, o secretetario

e un militar”.

 

Habíanse prometido

que tiñan que escarmentar,

a un home do seu pobo

por querelos denunciar.

 

Este era un mariñeiro

honrado “a carta cabal”

defensor da súa xente

non podía ver o mal.

 

No porto fora elexido

“delegado sindical”

dende aquela os mariñeiros

gañaban ben o xornal.

 

Chamábanlle ” Proa ao vento”,

forte coma un furacán,

xa levaba seis naufraxios

moi lonxe do litoral.

Por todos era querido

respetado a máis non dar,

era un home coñecido,

dende Baiona a Ortegal.

 

Por culpa dun accidente,

que abundan tanto no mar,

quedaron sete viúvas

e vinte fillos sen pai.

 

Xa era pouca a desgracia

que tiñan que soportar,

aínda por riba os caciques

queríannos estafar,

quedándose cunha parte

do que tiña que cobrar.

 

Chamaron a “Proa ao vento”

para os orfos defender

protexe-los seus intereses

para que puidesen comer.

 

Deu un mitin no peirao

ameazando aos ladróns,

falando á xente do mar

con respeto e devoción.


 

Compañeiros:

Hai un traballo na terra

que nunca será pagado,

onde morren moitos homes,

sendo o máis sacrificado,

é este o do mariñeiro.

 

Tamén dixo:

Non hai mellores vampiros

que os bos caciques,

son os que máis chuchan

e se para os vampiros allos,

para os caciques mallos.

 

Non debemos consentir

que rouben á nosa xente,

cómpre facer dúas cousas

agora que estamos en quente,

a primeira denuncialos

e a segunda mallalos.

 

Avisado-los caciques

por algúns dos seus esbirros,

deciden tomar venganza

e encherlle o corpo de tiros.

 

Naquel noite tan fría

que nin ladraban os cans

atopan a “Proa ao vento”

cando este vai pescar,

“o alcalde,o secretario

e un militar”.

 

Péchanlle os tres o camiño

para non deixalo pasar,

e pregúntanlle un por un

para ver de o acolloar.

 

-¿A onde vas mariñeiro

tan cedo pola mañá?

-¡Cale a boca secretario

alguén ten que traballar!

-¿A onde vas “Proa ao vento”?

pregúntalle o militar

-Vou a fartarme de arrotas

para que tí poidas folgar

– A onde vas  mariñeiro

con tan grande temporal

-Sr.Alcalde:

Vou a verlle a cara á morte

para que outros poidan xantar!

 

Para iso non é preciso

que teñas que ir ao mar

pois nós xa sómo-la morte

e eiquí te imos matar.

 

Sacan os tres as pistolas

e disparan sen cesar,

pero dos nervos que tiñan

non consiguen acertar.

 

De un salto “Proa ao Vento”

tira aos caciques no chan

e co remo que levaba,

malla neles a fartar.

 

Acudiron os veciños

espertados polos tiros,

a axudan a “Proa ao Vento”

a darlles o merecido.

 


 

 

2 Comments

  1. Proa ao vento Gelo

  2. Moi boa Gelo

Deixa unha resposta a ManuelCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off