off
Normalización lingüística — 30 Setembro, 2012 at 4:35 p.m.

A prol do galego dende o berce

by
Berceuse.William-Adolphe Bouguereau.1875

Moitas veces traballando ou paseando polas rúas escoito a pais, nais e avós falarlle aos nenos pequenos en castelán para despois entre eles falaren en galego. Semella como que os mais pequerrechos só deben educarse en castelán. Craso error. A mellor educación e a plurilingüe dende o berce. Si vostede é galego falante fálelle na sua língua veicular e se non o é cando lle falen ao neno en galego fale vostede tamén xa que lle esta a axudar . Ata os 16 anos o hipotálamo, a parte do cerebro que controla a fala, estase desenvolvendo e nesas idades os nenos aprenden cunha grande naturalidade as línguas.

O uso indistinto de dúas linguas fai que o neno teña mais axilidade para aprender outra lingua allea. Tamén diria que a nosa lingua é unha excelente ferramenta de comunicacion: moitas veces usamos o galego para transmitir sensacions ou sentimentos propios co cal non o debemos desprezar. Así mesmo ¿ imaxínanse vostedes Galiza sen o galego? Eu non. Olláparo publicou un artigo de Paula Alifano sobor como se perdeu o quichua traducido por G. Beceiro. Lean e reflexionen. Dende aquí quero pedir que se empregue o galego na administración cando lle solicitamos algo ou na vida cotiá cando demandamos algún servizo. E para rematar  dicir que a cultura e a língua galega esté mellor considerada e aprezada fóra de Galiza que no país e se non dan creto viaxen e verán.

One Comment

  1. Concordo moito contigo. So usando o galego, solicitando EN GALEGO, consumindo cultura galega, responsabilizándose polo tanto procurando votar tamén en galego podemos sair da anormalidade lingüística na que vivimos. Non hai máis que mirarse no espello do noso Concello, o complexo é brutal. Guadi Galego ou Santiago Cribeiro que levan a nosa cultura e a nosa lingua polo mundo adiante onde son ben aprezados. Pois na súa vila nin os convidan a presentar os seus éxitos e traballos. Para cando ese discazo de AcadaCanto ao vivo na nosa vila?.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off