off
Cedeira, Economía, Galiza, Política — 3 Outubro, 2011 at 5:38 p.m.

Son as deputacións o problema?

by

Sabemos agora que será a Deputación quen asumirá unha parte da recadación tributaria  de Cedeira (vados e terrazas súmanse ao IBI, lixo, tráfico e imposto sobre actividades económicas). Seica o obxectivo é procurar menor custo e maior axilidade.  Acontece que o traspaso de competencias tributarias desde a administración local está a fornecer un flotador á máis que cuestionada eficiencia das deputacións provinciais. Con certeza que haberá quen defenda a tarefa destas institucions de achegar determinados servizos aos pequenos concellos que de seu non serían capaces de desenvolver. Esta é a visión a curto prazo.

E se mália as dificultades financieiras, a esixencia de reducción do déficit e á débeda pública,  ou precisamente por iso, o país está a desaproveitar a oportunidade  de reducir o número de concellos integrando servizos comúns?.

Pola contra, contribúese a engordar ainda máis a máquina  hipertrofiada da Deputación de A Coruña (compre non esquecer que as deputacións non teñen tributaciónp própria, e dicir, só gastan), favorecendo  a duplicación de competencias coa Xunta, o reparto de prebendas, a centralización e grande consumo de servizos e a drenaxe de sinerxias dos concellos cara a cidade, e a conseguinte descapitalización do savoir faire local neste eido. Por unha parte quérese emagrecer a administración local e por outra favorécese o medre da nómina de funcionarios e asesores das deputacións. Ao que cómpre sumar a opacidade do seu sistema electivo. Cómpre, sen dúbida, racionalizar e emagrecer, mas non en detrimento da  capacidade de autogoberno, senon que hai que tirar do principio de subsidiaridade. O que fai unha administración non deben facelo as outras. No marco autonómico as deputacións non teñen razón de ser.

Se somos nación e temos a Xunta, para que precisamos as competencias que lle asigna a Lei de Rexime Local? Como se vai facer eficiente o aparello administrativo se este non fai máis que medrar paralelamente á Xunta? Non sería máis acaído un pacto nacional pola supresión das provincias e fusionar concellos viables? Como imos acadar un instrumento financieiro de noso se non facemos outra cousa que derivar competencias – sen delimitacion precisa de obrigas de cada administración-  no canto de dotarnos de ferramentas acaídas á nosa realidade socioeconómica?

Referència:
02/10/2011.A cámara provincial aprobou por unanimidade o traspaso destas competencias tributarias. A Deputación da Coruña farase cargo da xestión de impostos por usos privados en solo público de Cedeira [en liña] Deputación de A Coruña. Dispoñibel en: http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=16330

One Comment

  1. Manuel Rodriguez Villasuso

    Concordo totalmente co artigo. Diria mais, hai unha vontade pero coartada por clientelismos locais, asi como que dita reduccion e admitida en publico pero non acatada en privado.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off