off
Economía, Galiza, Política — 2 Outubro, 2011 at 9:12 a.m.

Missing (1): Novacaixagalicia

by

O conto é triste, quedamos sen caixas. Limpáronos a fardela. Disque a Novacaixagalicia vale un 90% menos. Estamos a quedar sen país. E os directivos das caixas? Gozando dun retiro dourado. E os socialdemócratas do Psoe? Apuntando unha privatización máis no seu haber (esa é a sombra da estatalización de NCG). Feixoo, missing. Foi toda esta representación un convite á renuncia? Debéramos sentirnos cúmplices dunha farsa que derivou a representación en simulacro? A imaxe do país devalou. Canto valerá Galicia na actualidade ?

One Comment

  1. Manuel Rodriguez Villasuso

    O ESTADO DO MALESTAS

    Levamos vendo coma os politicos adicanse a ser banqueiros sen nocions economicas. Banqueiros metidos a politicos. Entre os dous cortan a ¨ pana¨´ e ilvanan o traxe.
    Mais agora non hai ¨ pana´´ e as costuras racharon.
    E dicir temos politicos sen politica e banqueiros sen banca.
    Non hai credito e o que tentan e vivir deteriorando todo aquilo que sone a publico.
    Mentres ao cidadan de a pe sofre recortes socias, perda do seu posto de traballo, desaucios e viver por debaixo do umbral da pobreza.
    O que semella e que hai depredadores e presas. Nos seriamos as presas, e despoxos despois de exprimidos ate a extenuacion socio-economica.
    ¿Que podemos facer? Revelarnos ante todo isto e romper novas superestructuras feitas a medida do neofascismo.
    Sexamos criticos e incorrecorrectamente politicos apoliticos para que nos sempre teñamos o que sempre foi noso: o poder de decidir e transformar o mundo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off