off
Cedeira, Galiza, Política local, Saúde — 4 Febreiro, 2020 at 1:44 p.m.

O plenario de Cedeira insta á Xunta a restaurar o servizo de pediatría que agora comparte con Valdoviño

by

A Deputación, diposta a un convenio a tres bandas coa Xunta e o Concello para dotar a Cedeira dun Centro de Día, aínda que se trata dunha competencia da Xunta de Galicia

[Pingota Comunicación] A iniciativa do equipo de goberno foi aprobada por unanimidade. O executivo tamén apoia a campaña de recollida de sinaturas impulsada polos pais e nais Cedeira, 3 de febreiro de 2020-. O pleno de Cedeira aprobou por unanimidade unha moción do equipo de goberno pola que se insta á Xunta de Galicia a restaurar “ao cen por cen” o servizo de pediatría no centro de saúde da localidade, por considerar que “é urxente” acabar coa situación de precariedade que obriga á facultativa de Valdoviño a desprazarse tres días da semana a Cedeira para pasar consulta. Esta circunstancia tradúcese, segundo o executivo, nunha perda decalidade do servizo.
A presentación desta iniciativa coincide co inicio dunha campaña de recollida de sinaturas impulsada polos pais e nais e apoiada desde o Concello. De feito, o goberno está a colaborar poñendo a disposición da veciñanza follas de adhesión en todos os edificios públicos. Pablo Moreda Gil, considera que a situación que se está a dar en Cedeira non é propia destes tempos e evidencia así mesmo unha falta de respecto, por parte da Xunta de Galiza, a Cedeira e ao conxunto dos usuarios da sanidade pública. Rexeita como unha posible alternativa acudir ás consultas privadas, “porque nós apostamos pola sanidade pública”, e demanda da administración autonómica que se cubra a praza de pediatra e que ademais sexan atendidas outras necesidades tanto de espazo como de servizos que existen no centro de saúde local.Segundo explica o texto da propia moción, a súa presentación obedece ao feito de compartir desde setembro os servizos de pediatría, responde tanto á nula vontade do Goberno galego á hora de reclamar máis prazas da devandita especialidade médica, como a unha política laboral e decontratación deficiente, que castiga aos profesionais do sector e que favorece a fuga dos pediatras galegos a autras comunidades autónomas. Na iniciativa aprobada pola corporación cedeirense solicítase así mesmo o retraso da idade de xubilación dos pediatras, desenvolver un plan de contratación de profesionais de pediatría en atención primaria e acordar co Goberno central a axilización dos procesos de acreditación de prazas de novo ingreso nesta formación especializada, así como dotar dos recursos necesarios aos centros sanitarios para que exista a mellor cobertura posible en todo o proceso formativo.

 

Un Centro de Día a tres bandas

Segundo comunicado da Deputación no que se informa que Valentín González Formoso se reuniu co alcalde de Cedeira para coñecer o anteproxecto dun centro moi demandado pola veciñanza do municipio. A Deputación tamén estuda seguir mellorando os accesos a San Andrés de Teixido coa construción dunha nova variante que elimine unha curva perigosa na DP 2205, entre Os Outeiro e A Rúa A Coruña, 3 de febreiro de 2020. Na reunión González Formoso presentou o anteproxecto do goberno municipal para construír un Centro de Día na localidade. Moreda explicou que o Concello xa ten a dispor os terreos, nun lugar céntrico e ben comunicado nas inmediacións do centro xuvenil, nos que se podería ubicar un inmoble que prestara servizo como centro de día a entre 25 e 30 persoas maiores do municipio.

O alcalde destacou que se trata “dunha infraestrutura moi necesaria no municipio, como amosan as 3.000 sinaturas recollidas entre a veciñanza de Cedeira para reclamar a súa construción”, e mostrou a súa disposición a que o centro poidera dar servizo mesmo a nivel comarcal. Pablo Moreda explicou que a conselleira de Política Social, Fabiola García, nunha recente visita ao municipio, comprometeuse a apoiar economicamente a construción do Centro de Día se a iniciativa contaba tamén co apoio da Deputación.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off