off
Cedeira, Galiza, Historia, Movementos sociais — 20 Decembro, 2019 at 10:05 a.m.

Homenaxe aos represaliados de Cedeira en Ferrol en imaxes

by

O 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe foron executados 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas, condenados pola súa defensa dos principios democráticos  e de progreso e por negarse a secundar un golpe militar contra o gobernó republicano  legalmente elexido por vontade popular.

O 18 de decembro de 2019, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática coa veciñanza de Cedeira e Ferrol  conmemorou o 83 aniversario deste triste suceso, realizando unha sinxela homenaxe e ofrenda floral, que comezou ás 10 da mañá fronte ao Instituto de Canido (Antigo Cemiterio de Ferrol) percorrendo posteriormente, por medios propios, o Castelo de San Felipe e o Cemiterio de Serantes. Foron lembrados neste acto, ademais dos cedeireses fusilados en San Felipe e soterrados en Serantes, os paseados en Canido e alí sepultados. Deuse lectura aos nomes que a continuación se reseñan, leeuse un poema de Antom Labranha e interviron Manuel Fernández Pita, Enrique Barrera e José Luis Vergara, Presidente e directivos da A.C. Memoria Histórica Democrática e o Alcalde de Cedeira Pablo Moreda.

 

San Felipe 18.12.1936 (Condenados a morte “por rebelión militar”, na causa 296/36,en Consello de Guerra celebrado no Cuartel de Zapadores o 4.12.1936)
Enrique Alonso Teijeiro
Ferrol, 1913. Mestre. Solteiro.
Adolfo Bouzón Teijeiro, “O Noia”
Cedeira, 1908. Mariñeiro. Casado. 3 fillos.
Antonio Castillo Domínguez
Monesterio (Badajoz), 1896. Veterinario. Viuvo. 2 fillos.
José Cipriano Durán Fraguela
Cervo, 1907. Labrego. Casado. 1 fillo. 2º Tte. Alcalde.
Manuel Fernández Freijeiro
Pontedeume, 1876. Militar, retirado, do Corpo de Intendencia. Casado. 8 Fillos.
Alcalde de Cedeira.
Ginés Fernández Rodríguez
Ferrol, 1910. Solteiro. Estudante e Deportista. Fillo do anterior.
Miguel Fernández Santos
Madrid 1905. Funcionario de Correos.
Isaac Forneiro Varandela
Ourense, 1897. Mestre e Empregado do Banco Pastor. Casado.
Antonio Iglesias Freire
Cedeira 1912. Mariñeiro. Solteiro.
José Lago Beceiro
Cedeira 1909. Labrego. Solteiro. Concelleiro.
Enrique Martínez Teijeiro
Narón 1895. Veciño de Cedeira. Conductor de autobús. Casado.
Rufino Redondo Senra
Mera – Ortigueira, 1912. Mestre. Casado. 1 Fillo.
Membro do Comité de Resistencia de Cedeira
Francisco Rodríguez Díaz, “Cascarrón”
Cedeira 1914. Barbeiro e Músico. Casado. 1 fillo.
——-
Xunta eles foi asesinado tamén Antonio Ameneiro Brage, natural e veciño de Cabanas, de 57
anos, casado, que fora condenado por rebelión militar en Consello de Guerra celebrado o 5 de
Decembro no Cuartel de Zapadores da Porta Nova.
San Felipe, 25.12.1938
(Condenados en Consello de Guerra de 21.12.1938)
Andrés Braña Rodríguez “O Carrizo”
Ferrol 1910. Veciño de Cedeira. Mariñeiro. Casado.
Xunta el foi xulgado e fusilado Manuel Orjales Bouza, de Cerdido. 36 anos, solteiro.

 

Cemiterio de Canido.Paseados o 25de Agosto de 1936
José Ambrós Gordillo
Alburquerque, 1900. Mestre. Casado
Jesús Lourido Arriví, “O manco de Diamantel”
Cervo – Cedeira 1909. Mariñeiro e Labrador. Casado, 2 fillos.
3º Tte de Alcalde de Cedeira.
Adolfo Rodríguez Yáñez
Cedeira, 1898. Veciño de Cedeira. Funcionario Xudicial.
José Vergara López
Cedeira 1900. Labrego. Casado. 2 fillos. Síndico do Concello de Cedeira.
Sustituíu ao Alcalde por enfermidade o 19.07.1936.
Dos dous últimos ainda que os documentos dín que están aquí hai outras versión orais que
indican outro lugar. Esta é una cuestión que haberá que averiguar.
Paseado o 5 ou 6 de Setembro de 1936
Bernardino Díaz García
Cervo 1904. Xornaleiro. Casado. 3 fillos
Xenro de Manuel Díaz García e concuño de Xosé Meixide, paseados en Riveiras do Sor.
Condenados en Consello de Guerra
e fusilados o 4 de xaneiro de 1942
Modesto Freire Fernández “O fillo das Pepitas”
Mera (Ortigueira) 1908. Carpinteiro. Solteiro. Veciño de San Román.
Manuel Freire García
Piñeiro-Cedeira 1902. Mariñeiro. Casado.
Asasinado no Cuartel da Garda Civil de Ferrol
o 31 de maio de 1949
Jesús Lago Díaz
Esteiro, Cedeira 1905. Zapateiro. Solteiro.

 

 

 

Ao mellor tamen che interesa

Chegamos tarde

18 de decembro de 1936

¡Jamás volvais a Cedeira!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off