off
Galiza, Mar e Pesca, Meio ambiente — 27 Novembro, 2019 at 1:51 p.m.

Concentración Plataforma Nunca Máis en Ares contra a indefensión da costa galega

by
O vindeiro venres 29 de novembro ás 20.00 na Praza do antigo Concello de Ares, a Plataforma Nunca Máis vén de facer chamado á concentración de protesta contra a situación de indefensión da costa galega após o accidente do quimiqueiro “Blue Star”
O accidente do quimiqueiro “Blue Star” na costa de Ares puxo máis unha vez en evidencia a situación de indefensión da costa galega, e o auténtico despropósito na actuación do Goberno español, titular das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra  a contaminación mariña.
A Plataforma Nunca Máis, nacida hai ha 17 anos con motivo da catástrofe do “Prestige”, convoca unha concentración en Ares o vindeiro venres 29 de novembro, cumpríndose unha semana do embarrancamento deste buque.
Afortunadamente se trata dun buque sen carga química no seu interior: non sabemos que tería ocorrido se se encontrase coa súa mercadoría a bordo. En calquera caso, resulta escandalosa a absoluta falta de información en que volve incorrer o Goberno español: descoñécese cal foi a orixe do sinistro, chamada de socorro do buque (de existir), medidas adoptadas antes do embarrancamento, e as decisións tardías e contraditorias tomadas durante a xestión posterior.
A Plataforma Nunca Máis fai un chamamento ás entidades do sector pesqueiro e marisqueiro, e ao conxunto da sociedade. a participar na mobilización convocada co obxectivo de forzar á administración pública española á adopción urxente as seguintes medidas:
1. Información pública, transparente e detallada, sobre a xestión do accidente. Desde a súa orixe até o momento actual.
2. Diálogo permenente coas entidades do sector pesqueiro e marisqueiro eventualmente afectado (confrarías e agrupacións de Ares, Pontedeume, Miño, Sada, Lorbé e A Coruña).
3. As decisións relativas á protección do ecosistema mariño e da actividade produtiva pesqueira e marisqueira deben ser públicas, non vinculadas aos intereses privados de empresas de salvamento, da casa armadora, nin das aseguradoras. A xestión do “Blue Star” non pode ser un negocio.
4. Adopción das medidas precisas para evitar o derrame das 105 tns. de combustíbel do buque. Cautelarmente, instalación de barreiras anti-contaminación arredor do buque, e de skimmers e sistemas de bombeo desde o mar en caso de vertedura.
5. Garantir a dotación de medios, sistemas e protocolos de control de calquera incidente marítimo que se poida producir na ría de Ares.
6. Transferencia á Galiza das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off