off
Galiza, Movementos sociais, Ortegal, Traballo — 28 Marzo, 2018 at 8:00 a.m.

Navantia leva a xuízo a CIG

by

A CIG convoca a unha concentración nas portas do xulgado o mércores 4 de abril ás 11:15 h para denunciar o intento de criminalizar a folga do persoal da industria auxiliar e fai un chamado a defender o dereito á folga como ferramenta fundamental da clase obreira


O vindeiro mércores 4 de abril ás 11:45 h. vai ter lugar en ferrol un xuízo contra a CIG e o comité de folga do conflito da industria auxiliar de Navantia. Lembremos que durante 22 días o persoal da industria auxiliar estivo secundando masivamente unha folga para reivindicar a recuperación do nivel retributivo do ano 2001, que se concreta nunhas táboas salariais pactadas precisamente despois doutro conflito, que tiveron vixencia durante moitos anos de xeito pacífico, e que as empresas deixaron de aplicar unilateralmente e sen negociacións, coa complicidade dos sindicatos españois e dos comités de empresa de navantia, despois da entrega dos últimos barcos para a armada australiana.

Navantia  esixe indemnizacións millonarias á CIG e ao comité de folga nun intento de criminalizar a folga do persoal da súa industria auxiliar. e desde a cig queremos chamar a atención de toda  a nosa base social e toda a clase obreira, sobre a importancia de defender , non xá o salarios, senón o propio dereito á folga como ferramenta fundamental e imprescindibel para a defensa dos  intereses dos traballadores.

A central sindical quer denunciar a postura de Navantia, moi proactiva na precarización das condicións de traballo do persoal da súa industria auxiliar, malia ser unha empresa pública que deberá exercer un papel radicalmente diferente, para ben dos traballadores e traballadoras directamente afectados máis tamén de toda a economía comarcal. reclamamos que o anunciado plan industrial que se vai negociar en madrid se concrete nun outro modelo de empresa tanto no industrial como no laboral.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off