off
Galiza — 22 Setembro, 2017 at 7:49 a.m.

Compostela fixa un prazo de 15 dias para os Franco devolver as estatuas do Mestre Mateo

by

De non ter resposta no prazo establecido de quince días, a corporación municipal da capital exercerá as accións legais procedentes en defensa dos dereitos e intereses lexítimos da cidadanía e do seu patrimonio histórico-artístico.


Casa Cornide (A Coruña)

Tal e  como solicitaban os grupos municipais de Compostela Aberta e BNG,  o Goberno local de Compostela vén de enviarlle un requirimento aos Franco  para que recoñezan que as estatuas do Mestre Mateo que conservan na Casa Cornide da Coruña son propiedade do Concello de Santiago, e para que as poña a disposición da institución municipal no prazo máximo de quince días.

O escrito lembra que as figuras que representan a Abraham e Isaac pasaron a mans do ditador probablemente na década dos 50 e “non existe ningún título xurídico que lexitime aquel acto nin a posesión subseguinte das esculturas” por parte de Franco nin dos seus sucesores. Pola contra, si foi localizado o documento notarial de compravenda das estatuas, asinado polo conde de Ximonde e o Concello de Santiago en 1948.  O requirimento firmado polo alcalde Martiño Noriega insiste en que as dúas obras do Mestre Mateo son “bens do dominio público municipal, que forman parte do patrimonio histórico artístico”, e apunta a que o seu “destino idóneo hoxe en día sería a exhibición permanente no Museo da Catedral de Santiago”.

Petición unánime da Corporación
O Pleno da Corporación municipal acordou por unanimidade reclamar a devolución das dúas figuras románicas, tal e como solicitaban os grupos municipais de Compostela Aberta e BNG na moción e na proposición que levaron a sesión para o seu debate. Tamén se aprobou solicitar a tramitación da súa declaración como Ben de Interese Cultural. O alcalde, Martiño Noriega, apuntou que a propia Asesoría Xurídica Municipal barallaba a posibilidade da declaración BIC dentro da estratexia a seguir para a recuperación das pezas.

Relacionado coas estatuas de Abraham e Isaac, o Pleno da Corporación debatiu tamén as mocións presentadas por Compostela Aberta, PP e BNG en relación á situación do Pazo de Meirás.

As tres mocións resultaron aprobadas, aínda que con diferentes apoios. Así, as presentadas por Compostela Aberta e o BNG sairon a diante cos votos a favor destes dous grupos máis o PSOE, e coa abstención do PP. A moción presentada polo PP foi respaldada tamén polos socialistas, mentres que Compostela Aberta e BNG abstivéronse.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off