off
Galiza, Movementos sociais, Política — 26 Marzo, 2017 at 9:35 a.m.

A Asemblea Nacional do BNG celebra este domingo a súa segunda xornada

by

bng_asemblea_palexo2017No Palexco da Coruña, a partir das 10.30 horas co debate das emendas presentadas. Ás 13.30 procederase á votación das teses políticas, principios organizativos e regulamento e ás 13.40 á votación das candidaturas ao Consello Nacional. Os resultados coñeceranse pola tarde, a partir das 17 horas, proclamándose os novos Consello e Executiva e Portavocía nacional, na que repetirá Ana Pontón, que ás 18 horas pronunciará o discurso de peche.

Onte,no seu discurso de apertura, Pontón afirmou que “somos herdeiras da mellor tradición galega, da que saíu ás rúas contra a incompetencia e berrou Nunca Máis, do Non á Guerra, das que Queremos Galego” que fronte os anos  discordias sementados polo PP ,  “nós temos que sementar unidade das galegas e dos galegos”,[…] temos que poñer en marcha unha cicloxénese afectiva que poña a Galiza no debate e que recupere o sentido de país e o orgullo de ser desta terra”

Estamos nun momento de sumar e de agrandar a base social do nacionalismo. Temos que ter as portas abertas a todas as persoas que senten a Galiza, que pensan que merecemos un futuro mellor (Ana Pontón)

Chamou a alargar a base social do BNG e puxo como exemplo do se proxecto e do que  país que funciona os concellos gobernardos polo Bloque en Pontevedra, Rianxo, Tomiño, Bueu, Muras, Ribadeo, Santiso, Toques, Allariz, Baños de Molgas, Carballo, Carnota, Zas, Fene, Moeche, San Sadurniño, A Pobra do Brollón, A Mezquita, Viana do Bolo, Mazaricos, As Neves, Ponteareas, Moaña, Castrelo de Miño, Barro, Poio, A Rúa. Aí está a Galiza que queremos e a Galiza que podemos ser”

  • Discurso de Ana Pontón (pdf)

 


Ao mellor tamén che interesa

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off