off
Ciencia, Europa, Galiza, Natureza — 17 Febreiro, 2017 at 11:27 a.m.

Episodios de choivas violentas e asulagamentos. A Galiza que vén

by

De acordo co relatorio da Axencia Europea do  Medio Ambiente sobre mudanza do clima  que pón de relevo a interacción entre as causas e as consecuencias da mudanza xa que o aumento de inundacións implicará caóticos movimentos de poboación, e o encarecimento da construcción ou dos seguros


O informe divide o continente europeo en sete rexións: ártica, atlántica, boreal, continental, mediterránea, marítima e montañosa, avaliando os riscos para cada unha . Ao parecer a que defronta un menor risco é a dos paises do Atlántico, de Galiza a Dinamarca. Porén, non signifca que non haxa riscos, con episodios de chuvas violentas, enchentes e asulagamentos. O menor risco refírese á súa menor frecuencia respecto a outras zonas.

informe_AxenciaEuropeaMudanzaClimaMalia a grande cantidade de informes e notícias publicadas nos xornais e medios de comunicación adicados á mudanza do clima continua habendo grande escepticismo entre a xente. Non se acaba de entender que as repercusións  van alén do aumento das temperaturas. De facto, os estudos sobre a mudanza do clima poñen de relevo un mundo onde todo está interrelacionado: a desaparición de árbores nun país afecta nas precipitacións noutro, a extinción dunha especie propicia cambios noutras especies animais e vexetais, a falta de choivas e a seca conduce a movimentos de poboación, a intervención humana acelera e agudiza cambios adversos que doutro xeito tardarían séculos en se producir.

O informe da UE destaca que os riscos  do continente serán cada vez máis frecuentes e numerosos, tamén máis severos. O aquecimento de Europa estase a producir a ritmo acelerado: 1,5  graus nunha década. Este aumento  producirá ondaxes de calor máis frecuentes e intensas, máis inundacións  con episodios de seca cada vez máis longos e violentos, nivel do mar máis elevado, alagando vilas e cidades ribeiriñas. Todas elas consecuencias relacionadas cun clima cada vez máis extremo.

As alteracións climáticas continuarán por moitas décadas. A escala das alteracións climáticas futuras e dos seus impactes dependerá, non só da eficácia da aplicación dos nosos acordos globais para reducir as emisións de gases con efeito de estufa, mas tamén, de garantirmos adecuadas estratéxias e políticas de adaptación a fin de reducir os riscos das situacións climáticas extremas actuais e proxetadas” afirma Hans Bruyninckx, diretor Executivo da AEA

As zonas máis húmidas de Europa tornaranse máis húmidas e as máis secas ainda o serán máis. Como afectará todo isto ás persoas e á economía é dificil de medir. Con certeza, repercutirá de cheo nos colectivos máis febles e vulnerables: as persoas maiores e con menos recursos terán maior risco de morrer por mor dos intensos episodios de calor e frio. Baixo as novas condicións, os movimentos migratorios serán tamén o da expansión de doenzas (fálase xa da febre do Nilo). Alén diso,  a adaptación ás mudanzas físicas e a súa repercusión no social e no económico obrigará tamén  un reaxuste psicolóxico polo que se prevé un impacto na saúde mental. Este impacto na economía prevese controvertido xa que as perdas de uns serán as avantaxes de outros. O esgotamento dos bancos de pesca e a migración dos peixes cara o norte, por exemplo. O mesmo acontecería na agricultura.

Zonas Costeiras e Marítimas
Aumento do nivel do mar
Aumento da temperatura da superficie do  mar
Aumento da acidez do océano
Migración ao  norte de especies mariñas
Riscos e algunhas oportunidades para a pesca
Cambios nas comunidades de fitoplancton
Crecente número  de zonas mariñas mortas
Aumento do risco doenzas transmitidas pola auga

 Rexión Atlántica

Aumento de eventos de fortes precipitacións
Aumento do fluxo fluvial
Aumentando o risco de inundacións costeiras
Aumento do risco de danos causados polas treboadas de inverno
Aumento da demanda de enerxia para aquecimento e calefacción
Aumento de múltiplos riscos climáticos

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off