off
Galiza, Internet, Tecnoloxías da información — 21 Decembro, 2016 at 13:41

A conexión a internet nos fogares galegos con nenos e estudantes acada o 90% segundo un informe do OSIMGA

por Redacción

Segundo un informe presentado polo Observatorio da Sociedade da información e a Modernización de Galicia ( OSIMGA) a  presenza de nenos en idade escolar no fogar incrementaría tamén  a dispoñibilidade de Internet en 22,6 puntos porcentuais respecto dos fogares onde non conviven con nenos.


Porén, as principais razóns para non ter Internet nos fogares con nenos son os custos de conexión e os equipos mentres que nos fogares sen nenos non contratan Internet principalmente porque non perciben a súa utilidade.

Ao redor do 90% dos fogares con nenos e/ou estudantes conta con acceso a Internet a través de banda larga. A contratación deste servizo é especialmente frecuente cando conviven estudantes maiores de 16 anos, superando en mais de 22 puntos porcentuais ao resto de fogares galegos.

Supera en máis de 22,5 puntos aos fogares nos que non conviven nenos e mozos.

Estes son algúns dos datos extraídos dunha nova edición do estudo temático “A mocidade e as TIC”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
O uso de Internet entre os mozos galegos de 16 a 34 anos é practicamente universal (96%). No último ano os internautas deste treito de idade incrementaron o uso do comercio electrónico en dez puntos ata acadar o 45%
Tanto o convivio con nenos como con estudantes maiores de 16 anos incrementa de forma notoria a dispoñibilidade de ordenador e ten unha influencia positiva na contratación de Internet. Porén, os lares galegos con Internet de banda larga contratada escasamente acadan o 70%.A presenza de nenos en idade escolar no fogar incrementa a dispoñibilidade de Internet en 22,6 puntos porcentuais respecto dos fogares onde non conviven con nenos.
Os hábitos de uso das TIC tamén mostran datos e tendencias moi positivos cando falamos dos máis novos: O uso de ordenador nos últimos tres meses entre os mozos galegos acada ao 91,4% da mocidade galega e supera en 24,5 puntos porcentuais a media autonómica.
A convivencia con nenos en idade escolar tamén fomenta o uso do ordenador (80,5%), superando en 13,6 puntos á media xeral e en 18,5 puntos porcentuais aos fogares onde non conviven nenos.
O uso de Internet entre os mozos con idades comprendidas entre os 16 e 34 anos é practicamente universal (96%). O comercio electrónico está a medrar moi rapidamente entre os internautas deste grupo de idade, acadando o 45% cun incremento de 10,6 puntos porcentuais no último ano.
O estudo constata unha diferenza xeracional considerable no que se refire aos trámites coa Administración a través de Internet. Os internautas galegos de 16 a 34 anos tamén optan, en maior medida, polo uso de Internet para relacionarse coas Administracións Públicas, superando amplamente as porcentaxes que rexistran o resto de internautas.
Diferentes barreiras no uso das TIC 
Segundo este informe, existe unha clara correlación positiva entre a presenza de nenos e estudantes nos fogares e a actitude positiva cara as novas tecnoloxías. O principal argumento para no dispoñer de Internet nos fogares con nenos son os altos custos tanto de conexión (57,5%), como dos equipos (49%).
Nos ares sen presenza de pícares, o principal motivo para non contratar Internet é a percepción de que non lles resulta útil nin interesante (68,7%). No caso de que no fogar residan mozos estudantes maiores de 16 anos, o motivo principal é que dispoñen de conexión noutro lugar (60,3%), seguido dos altos custos de conexión (51,3%).

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: