off
Agro, Ciencia, Enerxías, Galiza, Medio ambiente — 3 Outubro, 2016 at 07:01

Que hai dos “pellets”?

por Redacción

Adega alertou da intención do oligopolio pasteiro-enerxético de recolonizar o país con eucaliptos, alimentando o ciclo de queimar, plantar, queimar. 


Ollaparo_plantacionseucalipto

Sabido é que un terzo da poboación do mundo usa combustíbeis sólidos de orixe vexetal  (biomasa) ou do carbón para cociñar, aquecer, ou para iluminar. Eses combustibeis , que son usados en lareiras ou simples fogóns nas sociedades tradicionais e nas que padecen pobreza extrema, baseánse nun principio que está a ser recuperado nas sociedades industriais a través do reaproveitamento dos excedentes de  biomasa que no noso país provén fundamentalmente dos montes adicados a monocultivo de eucalipto.

Ainda que sabemos que uso eficiente dos recursos naturais dos ecosistemas florestais é esencial para implementar e promover a sua xestión sustentábel, o uso do carbón ainda é responsabel do (1) / (5) de gases de efeito invernadoiro (GEE). 

O mercado de produción de aglomerados (wood pellets) en Galiza e Portugal ten crescido significativamente desde 2007, como no resto da Europa. A indústria de produción de aglomerados pode ser obtido a partir de resíduos de madeira (serradura, aparas,etc) ou de madeira en tora. Segundo un recente estudo realizado en Portugal, as principais matérias-primas para a produción de pelotas enerxéticas supón unha actividade intensiva sen unha estrutura ecolóxica o que actualmente xa é un problema sério de sustentabilidade para a indústria florestal portuguesa e para a economia interna. No período de 2009-2012 a producion en Portugal foi 1,068 Mt, que superou a produción total da América Central e do Sul, África e Oceania, e igualou a de toda a rexion asiática, que representa o mais importante rexión de produción de pellets no mundo.

Un estudo de investigadores da Universidade de Vigo  vén de comprobar a posibilidade de aproveitamento da microalgas de auga doce como  combustibel (haversting), combinadas con outros materiais con maior poder calorífico, na pelletization. Trátase, portanto, dun campo no que se están a dar os primeiros pasos, con algúns indicios tan esperanzadores como controvertidos e cuxos efectos adversos están a ser coñecidos aos poucos, tanto no medioambiente (por supor a intensificación do monocultivo de Eucaliptus nitens) como na saúde humana e animal.

A utilización da madeira como combustíbel para fogóns e caldeiras  de pellets en todo o mundo está aumentar sen que por iso se coñezan os efeitos reais na saúde. O coñecimento dos riscos associados a estes combustíbeis, a súa entrada en espazos confinados, non acaba de estar determinado, cómo é que os diferentes tipos de combustión de biomasa afectan á saúde humana e á función cardiovascular. 

Se ben un artigo publicado en xaneiro na revista Microchemical Journal (Volume 124, 2016, 267-271) relata os primeiros resultados cuantitativos sobre hidrocarbonetos aromáticos policíclicos (PAHs ) en cinzas de madeira de pellets.  As cinzas producidas a partir de aglomerados de madeira poden representar ameaza para as persoas e o meio ambiente devido a PAHs canceríxenas e mutaxénicas.   E fai un chamado a evitar a agricultura  destinada à alimentación humana e de animais usando cinzas de pellets como fertilizantes.

No contexto galego ADEGA denunciaba hai tres anos dos riscos de sobreexplotación alertando que “a proposición non de lei do PP, transacionada con AGE, para o impulsar o aproveitamento da biomasa forestal con fins enerxéticas e “reducir a dependencia enerxética do noso país”, […]agóchaba a intención do oligopolio pasteiro-enerxético de recolonizar o país con eucaliptos e outras especies de crecemento rápido, da man dun decreto de cultivos enerxéticos . Plantar milleiros de hectáreas de masas monoespecíficas de eucaliptos transxénicos, paulownias e outras invasoras en cortas de 4-5 anos, para queimar, voltar a plantar, queimar…”

ADEGA pregúntase se se están abrir as portas para o uso da da biomasa forestal e os cultivos enerxéticos para producir electricidade (o outro negocio de ENCE)? A seguir reproducimos o argumentario de ADEGA:

 

  1. Apostar pola produción de madeira con pouco valor engadido, a biomasa forestal e os cultivos enerxéticos: Por exemplo, mediante o mantemento das subvencións públicas ao eucalipto, consolidando o Eucaliptus globulus e permitindo que o Eucaliptus nitens (especie introducida polos intereses económicos de ENCE), só poidan substituirse polo E. globulus. Ou a forestación de terras agrícolas e a falla de iniciativas para recuperar a superficie agrícola usurpada,
  2. O fornecimento das plantas de biomasa a partir de biomasa forestal residual (residuos de aproveitamentos forestais, incluídas as cortizas, de operacións silvícolas en masas forestais e espazos verdes, de residuos de actividades agrícolas e de xardinaría) é unha falacia, pois o modelo de explotación empresarial que se promove procurará un suministro constante e barato da matéria prima, que só é posibel acadar mediante cultivos específicos de espécies leñosas ou herbáceas de rápido crecemento, isto é, cultivos enerxéticos. Neste senso, no documento “Enersilva. Promoción del uso de la biomasa forestal con fines energéticos en el suroeste de Europa”, e relativo á central de biomasa de Mortágua, en Portugal, recóllese o seguinte: “O consumo de biomasa (cun grado de humidade do 30%, plena carga) da central é de 8,7 t/h, o que corresponde a un consumo anual superior a 100.000 t. O abastecemento efectúase mediante unha ‘carteira de fornecedores ’ que ten días marcados para efetuar as entregas. A biomasa consumida provén fundamentalmente dos montes de eucalipto próximos á central.”
  3. Os cultivos forestais enerxéticos, para cuxa regulamentación o PP xa presentara un borrador de decreto, corresponderán a especies como eucaliptos, acacias, paulownias, liquidambar, etc. Terán ciclos curtos, en cernas de 4-5 anos para o que se buscará a máxima densidade de plantación posíbel.
  4. As 8 plantas de biomasa previstas polo PP (a potencia máxima a instalar en Galiza é de 80MW, 10MW por planta segundo o Decreto 149/2008) son só o principio. Estas 8 plantas previstas poderían supoñer, en termos de toneladas de biomasa necesarias, un subministro anual de case un millón de toneladas. En hectareas de eucalipto significaría entre 15 e 20.000 hectareas anuais de cortas. Mais con toda probabilidade, o oligopolio madereiro-enerxético presionará para modificar este decreto e ampliar o número de plantas e a potencia das instalacións.
  5. O Plano Forestal de Galiza de 1993 non contempla esa adicación do monte. Os plantíos de eucaliptos e outras especies con fins enerxéticos estarían fora de calquera planificación. Porén, o borrador do PP sobre cultivos enerxéticos contempla até 100 hec. de superfície contínua para este tipo de aproveitamentos. A densidade dos plantíos, a súa composición e homoxeneidade estrutural suporán o empobrecemento drástico da biodiversidade, a perda dos servizos ecosistémicos do monte e unha nova desfeita paisaxística.
  6.  Os cultivos enerxéticos debido ás súas características e ciclos curtos, provocarán un empobrecemento intensivo do solo, coa conseguinte redución da fertilidade e da súa capacidade de renovación, condicionando o seu aproveitamento futuro para outros usos.
  7. Dende a perspectiva da xestión das propiedades forestais, a promoción dos cultivos enerxéticos pasa por mobilizar grandes superfícies, incluidos os montes veciñais en man común. Neste senso, o tratamento das CCMM na lei de montes do PP, ás que se lles impoñen enormes cargas fiscais, persegue facilitar a formación de Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) coas grandes empresas do oligopolio da madeira. As SOFOR orientarán os aproveitamentos e a xestión dos montes viciñais segundo os intereses das empresas, que son as mesmas que promoven e van explotar as centrais de biomasa.

 

 

1 Comentario

  • A política forestal do PP básase en desorganizar o máximo posible ós pequenos propietarios para que abandonen as propiedades, baixarlles valor e que uns poucos gañen moita pasta nesta desorganización.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: