off
Eleccions 26-X 2016, Imprensa, Mundo — 27 Xuño, 2016 at 9:47 a.m.

A imprensa internacional destaca que a vitoria do PP non garante a estabilidade

by

As cabeceiras da prensa internacional  destacan que Rajoy sae reforzado mas non poderá garantir a estabilidade nun intre dificil para España:

Le Monde. A cabeceira francesa interpreta que a repetición das eleccións “reforzou o Partido Popular de Mariano Rajoy”, un resultado que o situa en condicións de manter as rédeas do próximo goberno”

The Guardian  explica que o  “partido conservador gaña mas non chega á maioría e Unidos Podemos fracasa á hora de materializar o seu pulo”

Spanish elections_theguardian_26X

BBC. A canle británica salienta que o resultado non permite rematar seis meses de blocaxe política dende as eleccións de decembro.

Libération.Para o xornal francés ábrese o  escenario dunHa “coalición de centro dereita”, despois da vitoria do PP sobre o PSOE e  Podemos. 

Financial Times: “Mariano Rajoy contradí os prognósticos ao emerxer como gañador das eleccións españolas”.  O xornal de referencia económica   sinala que o PP semella terse beneficiado dun ” xiro cara a seguridade” de última hora entre os eleitores, xa que tanto o seu partido como o PSOE acadan millores resultados do que prognosticaban os inquéritos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off