off
Flor do Monte, Natureza, Ortegal — 26 Xuño, 2016 at 07:17

Erica mackaiana (J.Mackay , Fl. Hibern 1836)

por Rafael López Loureiro "Calel"
Erica mackaiana (Décimo cuarta entrega.Flor do Monte)

Erica mackaiana

Erica mackaiana (J.Mackay , Fl. Hibern 1836) Foto: Calel

 

 

Farturenta en uces foi a Capelada. Hoxendía, conservando unha diversidade de especies do xénero, ous ouzais viñéronse vindo a menos ao compás do avance das repoboaciós con piñeirais, a conversión en pastizais e a progresiva humanización degradante do monte vendido ás andarabillas eólicas e a súa servidume de pistas. Ericka mackaiana é un endemismo das montañas costeiras cantábricas (galegas, asturianas e algo en Cantabria) cun núcleo de poboación asimesmo nas costás do sur de Irlanda. Común, pero nunca moi abondosa, tal vez na nosa bisbarra se dean as mellores concentracións de mackaiana. Na nosa Serra da Capelada é frecuente atopar exemplares da variedade alba, ou hipocromática. Este fenómeno do hipocromatismo, quere decirse rebaixadas de cor, é moi frecuente nas plantas, ás que lles confire un extraño e orixinal aspecto que nalgunhas especies confírelles unha particular beleza, tal o caso da Erica mackaiana que vai fotografada riba destas letras. Discretas belezas do ouzal que valoran moi especialmente na Inglaterra, onde se especializaron na reprodución e cultivo de tantas variedades de uz para enfeitar elegantemente os seus xardís. Acó mercamos rechamantes especies exóticas que non tardan en brincar para o monte e transformarse en perigosas especies invasoras, carísimas de erradicar. Coñecer para protexer. Xa.

4 Comentarios

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: