off
Flor do Monte, Medio ambiente, Natureza, Ortegal — 17 Xuño, 2016 at 09:52

Campanula rotundifolia sp. rotundifolia (Linneo, 1753)

por
Campanula rotundifolia sp. rotundifolia(Linneo, 1753) (Décimo terceira entrega)

Campanula rotundifolia

Campanula rotundifolia sp. rotundifolia. Foto: Calel

 

Vede aí a campaña do cantil, outro asombro floral do outo monte. Na nosa serra Capelada críanse as únicas poboaciós galegas coñecidas xunto as poucas que asimesmo se dan no teito de Galicia: o Macizo de Pena Trevinca. Outra pequena poboación, medra nos Montes Aquilianos, en terras usurpadas ao Conde de Lemos por Isabel de Castilla, onde aínda hoxe se escoita o rumor do idioma galego. Para poder ver algunha outra habería que viaxar as cimeiras cantábricas e pirenaicas. Xa que logo tesouro sobranceiro do noso cantil, territorio que debería ter unha protección integral. O ano pasado recorrín os penedos de peridotita nas regañas dos que medraban os poucos pés que poidera atopar desta fermosa flor. Non dei con eles. Os exemplares que van fotografados arriba desapareceran ao pouco, tal vez transformados en ramillete por algún paseante que as observase no mesmo pé da pista onde eu os fotografei. Convén saber da imprudencia que representa hoxe, sen mellores coñecementos, o feito de recoller un ramiño de flores do monte: nesta bisbarra poidera ser que se estivera esnaquizando os últimos representantes dun endemismo único. Coñecer para protexer. Xa.

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: