off
Desporto, Politica espanhola — 20 Maio, 2016 at 7:31 p.m.

A “estelada” poderá ondear na final de Copa

by

O xuíz do Contencioso-administrativo nº11 de Madrid rexeita a medida da Delegación do goberno en Madrid a raíz do recurso presentado pola asociación Associació per a la Defensa dels Drets Humans, en defensa dun seareiro do Barça. Así o decidiu o xui  Jesús Torres Martínez, considerado de fasquía  progresista, após a delegada do goberno español en Madrid ,Concepción Dancausa, decidira prohibir a entrada  de estreleiras argumentando que “o futbol non pode ser un cenario de loita política”.

@naciodigital.cat
@naciodigital.cat

Porén o xuiz faino a medias xa que permite a entrada e exhibición de bandeiras independentistas, mas en ningún caso ordena á Delegación do goberno español en Madrid que rectifique, dando a entender que as forzas de seguranza xa saberán que non poden requisar estreleiras.

 

O presidente Puigdemont pide a demisión ou o cesamento da delegado do goberno español en Madrid 

A asociación Drets gañou o seu recurso, mas un xuizo estuda o do Barça. O clube plantexou retiralo ainda que decidiu finalmente non facelo. Portanto, existe a posibilidade de se daren duas decisións xudiciais contradictorias se este segundo maxistrado avala a prohibición.

 

bandeira
Estreleira galega no Galiza-Venezuela

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off