off
Cedeira, Flor do Monte, Ortegal — 21 Marzo, 2016 at 5:06 p.m.

Crepis novoana (S. Ortiz, X. Sóñora & R. Oubiña)

by

Crepis novoana (Flor do Monte.Primeira entrega)

Vede acolá a quen na miña opinión sería o símbolo da riqueza floral da nosa bisbarra: a Crepis novoana, esa planta da familia das compostas cuia distribución mundial, redúcese a uns poucos cantís da Ría de Cedeira. Xa que logo un endemismo extraordinario. En extraordinario risco de desaparición: ao mellor unha das plantas galegas, se non a que máis, en máximo perigo de extinción. E non ten unha figura legal que a defenda, cousas veremos. Fumigaciós con herbicidas, obras sen sentido, cabuxas asilvestradas e iñorancia estendida axúdanse unas as outras pra ano ano ir reducindo o número de efectivos deste valiosísimo taxón. Crepis novoana debería ser o orgullo de todas as cedeiresas e cedeireses: poucos pobos poden presumir de ter no seu territorio unha planta única a nivel mundial. A nivel mundial: dise decamiño. O único sitio do mundo onde poderemos ollala ha ser nos arredores do Castelo da Concepción e os ribazos que dende as súas paredes baixan ate as chabolas do cais. Agora neste tempo de entre marzo e abril poderemos ollar o seu alumbrar intenso con só darmos un paseo pola Punta do Muelle: desgraciadamente os exemplares que florearon o ano pasado pola Arealonga e os arredores do varadeiro, foron fumigados con herbicida. A perigosa iñorancia. Coñecela, pra protexela. Xa.

2 Comments

  1. Creo que debería volver a sacar la foto de nuevo pues sólo vemos el envés de la flor y tampoco el porte total de la planta ni su efecto sobre el suelo para poder reconocerla.

    • Con certeza, a impronta visual de Crepis non é a mellor para recoñecela, aínda que si para aprezar os datos botánicos propios. Engadimos por vontade do autor outra fotografía onde podemos fitar o porte, a maneira de medrar e a contorna onde cada ano a segaban ou a sulfataban.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off