off

Campaña de apoio á Carta Europea das Linguas e a instar á Xunta a que cumpra coas súa obrigas co galego

por Redacción

O pasado 21 de xaneiro facíase público o 4º Informe de avaliación do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, elaborado polo Comité internacional de expertos. Ao tempo, e baseadas neste informe, facíanse públicas as recomendacións do Comité de Ministros do Consello de Europa ao Estado español.


A Mesa pola Normalización Lingüística remitiu a todas as organizacións políticas e Concellos de Galiza a seguinte proposta de moción para expresar o apoio á Carta Europea das Linguas e instar á Xunta a que cumpra coas súa obrigas en relación ao galego, nomeadamente eliminando as limitacións ao seu uso no ensino. Nestas recomendacións, o Comité de expertos e o Comité  de Ministros sinalan os aspectos que cómpre corrixir para o cumprimento efectivo das garantías que o Estado español e a propia Xunta de Galiza se comprometeron a cumprir ao ratificar a Carta en 2001.

Para saber máis:

Proposta de Moción “Carta do Consello de Europa”

O texto na web do Consello de Europa (en inglés)

O texto na web do Consello de Europa (en inglés)

 

Na Rede:

 

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: