off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 3 Decembro, 2015 at 8:10 a.m.

David Fernàndez propón á CUP ceder dous votos a Mas ” xuntamente con un plano de choque real”

by

Após dous de meses de negociacións e dun aumento da escala de acusacións no independentismo català saido das pasadas eleccións, o ex portavoz e xefe da CUP no Parlamento fai un chamado a facilitar o entendemento posicionándose a favor de facilitar a investidura de Artur Mas para  desembarazar o proceso independentista de Catalunya


 

Ollaparo_cup
David Fernández (CUP)

David Fernández, propón  nun artigo no xornal ARA que a CUP ceda dous votos a Junts pel Sí para facilitar a investidura, si esta vén acompañada dun “plano de choque real e concreto”. Asín, os votos a prol de Artur Mas sumarían  64 votos, un máis que os 63 contrarios sempre que os outros 8 deputados da CUP se absteñan, como se deduce da proposta.

No artigo, que ten por título ‘Sortir-nos-en’ (Sairmos) Fernández guinda a seguinte reflexión,”atendidas as tensións e dificuldades -en parte ben lóxicas, ao cabo o que se discute é, entre outros, dous proxectos tan antagónicos e contraditos como CDC e a CUP-   trazar a liña de un mínimo común denominador”.

“Desbloqueio do lazo e  desxelo para pasar pano. Efeito Arquímedes, baile de bengalas das contradicións e fráxil equilíbrio malabar, quizais o único posíbel, hoxe por hoxe, son dous votos ao proceso ao lado dun plano de choque real e concreto”, conclue, todo isto “a conta e risco, para poder asobiar colectivamente que o partido comezou e que saímos a gañar, vale a dicer, a construir”. “Denantes mil veces sairmos a xogar e quizais perder, que nen tan só non comparecer ao terreno de xogo”, afirma.

De xeito que, no seu artigo, o exdeputado da CUP lembra “a anomalia democrática e inquisitorial, emerxéncia social ante a paisaxe devastada que deixa a crise e excepcionalidade política constituente coa histórica maioria social independentista”. Neste sentido, alerta contra os choques entre as fileiras independentistas, xá que ” as feridas curan, mas as cicatrices permanecen e non se pode xogar a xadrez coas luvas de boxe”. Asin, xustifica que a sua formación combate porque “presente e futuro non poden reproducir o pasado”, nas suas exixencias ante Junts pel Si, xá que “as mochilas s contan tanto como pesan”, mas “o futuro pesa e conta ben mais e o dilema xa non é manter o proceso, mas alargarlo”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off