off
Editorial, Opinião, Política, Politica espanhola — 10 Novembro, 2015 at 8:22 a.m.

A CUP propón a Romeva para a presidencia da Generalitat

by

O Parlament de Catalunya aprobaba onte a declaración rupturista e Mas ofrecíase a liderar o camiño cara a “liberdade”. O número un de Junts pel Sí seria un candidatdo de consenso que as CUP estarían dispostas a investir. A impremsa internacional considera a  resolución o comezo da quebra do estado español


Press conference on film presentation "Sons of the Clouds: the Last Colony
Raül Romeva. Foto: https://www.flickr.com Creative Commons

Pase o que pase a declaración desta segunda-feira no parlamento de Catalunya é trascendente. O Parlament obvia as ameazas e comeza a desconexión. O reto de transformar a autonomia catalana no estado catalán  solemnemente declarado é  o comezo dunha desconnexión no plano institucional que xa tiña avanzado moito no plano mental perante a a insuficiencia dunha democracia española incapaz de adecuar o seu marco legal para dar saída aos mandatos democráticos.

O president en funcións  elevou a fasquía social do seu programa de goberno para seducir a CUP e advertiu que se non hai goberno definitivo encallaría o proceso. A oposición alcuña o presidente de “cínico por obviar a corrupción e virar á esquerda para satisfacer aos da CUP. Os non independentistas néganlle lexitimidade a JxSí e á CUP por aprobar un texto que disque prevé desacatar o TC, a reafirmando asín a tese legalista das forzas políticas estatais que fixeron seu o legalismo ideolóxico de Rajoy (PP) e de Pedro Sánchez(PSOE): non dar pasos en falso no Tribunal Constitucional.

“Quen  quere  vivir nun estado coma este?”, afirmou Mas.

Porén, a CUP declarou que non mudará o seu voto por “coherencia”, o que vén reafirmar o caracter plural da hexemonía independentista, ao propor a Romeva (quen reafirmou que o  candidato de JxS é Mas, ainda que están negociando) Mesmo en “Catalunya Sí que es Pot” un deputado da confluencia denunciaba ameazas do grupo se non obedecía a consigna de votar en contra e un tenente de alcalde de Barcelona censura e lamenta o aliñamento co “bunquer” de PP e C’s. Algunhas patronais reclamaron onte que as organizacións empresarais catalanas “tomen a iniciativa” e saian da “zona de confort” perante o “immoral”  trato financieiro do Estado en Catalunya

 Tremendismo

Rajoy só promete veto,munición legal.Négase a falar. “Todo o peso da lei” e garantir o éxito rotundo do TC son as fórmulas de Rajoy e de Sánchez  para afortalar a súas figuras a ollos de moitos españois, pensando no que virá (20D). O Consello de Estado (un órgano cuxa pomposidade institucional é  proporcional ao seu seguidismo do goberno) será o primeiro en pronunciarse hoxe sobre a moción de JxSi e a CUP.  O Consello de Estado, por se alguén despistara, é  un órgano que xa está reunido para analizar o texto do parlamento catalá, formado por  exmembros da UCD Herrero de Miñón e Landelino Lavilla; María Teresa Fernández de la Vega, do PSOE; e Romay Beccaria, do PP. Disque é un órgano consultivo con conselleiros vitalicios e un orzamento superior aos 10 millóns de euros.

“Insurxéncia”, “golpe de estado”, “traizón”, “agresión”, “mofa”. Pérolas coma estas inzan os editoriais  de tremendismo, de vis teatral e de moita amnesia, en calquera caso, inquietantes.  Que os xornais de Madrid e alén contrarios á independencia ataquen con dureza a maioría parlamentar pola declaración rupturista tamén serve para vermos quen ocupa a zona de confort da democracia española.

A presidenta da Junta de Andalucía sumouse ao andazo de tremendismo ao afirmar que “é un atentado á democracia, unha barbaridade e un disparate. Cómpre estar xuntos”. Mais unha boutade da supercrise do duopolio, incapaz da máis mínima distancia irónica, dun san sentido do ridículo.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off