off
Música, Xente — 8 Novembro, 2015 at 10:32 a.m.

Guadi Galego, Premio da Crítica de Galicia

by

O xurado salientou “a súa traxectoria coherente, impecábel e ancorada na terra, así como o feito de ter acadado un estilo persoal e á marxe de etiquetas”. Cineuropa, Agustín Fernández Paz, Xosé Ramón Pena e Xaquín Marín tamém recebiron Premios da Crítica Galicia


 

guadigalego_MG_9767-2O xurado formado por Anxo Pintos, gañador da edición anterior; Belén Bermejo,editora de Sirgo torcendo; Antonio Borrazás, director de programación da sala Capitol; Marían Fernández Álvarez, xestora cultural, O Cable Inglés; Bieito Romero, músico de Luar na lubre e Tito Lesende, xornalista musical e responsable de comunicación de SGAE.  e Marcos Lorenzo que actuou como secretario, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Guadi Galego, Festival de Pardiñas e a Central Folque. Finalmente foi Guadi Galego a gañadora, que se nestes termos logo de coñecer a decisión do xurado dos Premios da Crítica:

” Non hai moito que dicir cando recibes un premio… dar as grazas é unhs opción, creo a axeitada. Mais cando che dan un premio coma este, un premio da crítica é porque formas parte dun colectivo que te respecta e ao que respectas senón non o aceptarías. No meu corazón está a xente que me da azas para seguir cantando o que sinto, en feminino e con libertade . Aos poucos, apegándome as esencias do vivido e do que quero vivir. No país que me deu a lingua e o oficio. Un país cheo de imperfeccións (por sorte para a creación) cunha beleza extrema e un potencial artístico e musical impresionante”

Os premios da crítica- que non teñen achega económica- foron entregados nas diversas categorias en Vigo nun acto ao que a artista cedeirense non puido asistir e que concitou a presenza de representantes do mundo da cultura e de diversos ámbitos sociais e políticos.


As obras e traxectorias premiadas foron:
Creación Literaria: A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández. Paz
Iniciativas culturais: Cineuropa
Investigación: Xosé Ramón Pena
Música: Guadi Galego
Artes Plásticas: Xaquín Marín
Artes escénicas: A Panadaría
Cultura gastronómica: Miguel Vila


Ao mellor tamén che interesa:

Entrevista a Guadi Galego

Matricarcas, clip de “Lúas de outubro e novembro”, o último de Guadi Galego

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off