off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 5 Novembro, 2015 at 5:29 p.m.

Para Ciudadanos estudar memoria histórica nas escolas “agita viejos fantasmas”

by

pp_ciudadanosSegundo recolle  eldiario.es Albert Rivera tería rexeitado a retirada de honras a Franco porque, afirma, na Transición “acordamos que no habían ni vencedores ni vencidos, que lo que habían era españoles“. A semana pasada a representante de Ciudadanos no Concello de Ferrol, Ana Rodríguez Masafret, pediu a abolición do galego como lingua oficial do concello.

O historiador da ultradereita Xavier Casals ten asinalado en libros como  ‘Ultracatalunya’ que, entre outros elementos, o compoñente uniformizador de España e o nacionalismo español descomplexado é o que fai dun partido como Ciudadanos (Ciutadans) ainda tendo fasquía liberal e non podendo ser alcuñado de extrema dereita, poda atraer o “voto útil” destes sectores á hora de apuntarse ao carro da “nova política” a través de candidaturas municipais.

Malia presentarse como un partido progresista e de centro esquerda The Guardian adicou unha reportaxe a Ciudadanos logo do prometedor futuro que lle prometen os inquéritos. O xornal inglés define o partido de  Rivera como o ‘Podemos da dereita’ e afirma que se trata dun  “movemento centrista” e “proeurísta”. Do seu lider suliña o o seu carisma e lembra cando saiu espido na súa primeira campaña eleitoral.

Para The Guardian as súas ideas veñen do centrodereita e moitas das súas proposta derivan do PP

Neste sentido, The Guardian destaca como no parlamento catalán avogaron por restrinxir o acceso dos  inmigrantes á sanidade  pública ou a prohibición do velo islámico en espazos públicos. Rivera chegou a defender en Telecinco deixar sen sanidade aos inmigrantes sen papeis. O mesmo que defendeu o deputado José Manuel Villegas no Parlament en abril de 2013.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off