off
Cedeira, Eleccións 24-M 2015, Entrevistas, Política local — 5 Maio, 2015 at 10:55 a.m.

Entrevista a Camilo Casal, candidato de ANOVA á alcaldía de Cedeira

by

camilocasalComo prevé as eleccións?

Máis abertas que nunca, coa previsible perda da maioría absoluta do PP.

Cal é o proxecto do que fai bandeira?

Resumindo moito.As persoas por diante de todo, o que se traducirá en máis axudas a colectivos moi desfavorecidos: discapacitados, dependentes, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores con graves carencias familiares,….. Un código ético que penalice a corrupción.

A que partida orzamentaria adicará máis cartos?

Os nosos eixos programáticos son : asuntos sociais; formación e emprego; educación, cultura e deporte; medio ambiente.

Como é o seu equipo?

Está formado por persoas sen experiencia na política municipal (agás unha), pero que nalgúns casos teñen unha traxectoria non despreciable de mobilización e loita social. Un conxunto de persoas ilusionadas, decentes e sen ataduras. En resumo, unha bocanada de aire fresco.

 

É a primeira vez que se presenta. Qué mudará das políticas de Luis Rubido?

Sí, é a primeira vez. Aínda que está moi manido, gobernaremos con transparencia. A casa do concello será unha urna de cristal. Non faremos amiguismo e rexeitaremos o “enchufismo”. A nosa política non será de escaparate para foráneos de paso.

 

Qué vicios compre erradicar dos anteriores grupos de goberno?

Se nos referimos aos do PP, vimos de enumeralos. Aos dous gobernos que houbo de esquerdas, se acaso, a sensación que poideron dar de falta de coordinación.

 

Na súa presentación na prensa afirmou:“Non cobrarei un euro”….,a que se refería?

Pois a que das arcas do concello non saerá un euro para a miña persoa. Seguirei vivindo, como ata agora, da miña pensión.

 

Cómo potenciará a participación cidadá?

Xuntanzas periódicas cos diversos colectivos, que poderán intervir tamén nas sesións plenarias (no momento que sexa posible)para exponer queixas, suxestións, etc Dinamizando as AA.VV., coprogramando actividades con elas, animándooas a elaborar, en parte, os orzamentos municipais. Realizando alguna consulta á cidadanía en asuntos de gran interese.

 

Camilo Casal


Nacín en Cedeira hai setenta anos. Son licenciado en Química e exercín a docencia durante trinta e cinco anos, nomeadamente no IES Concepción Arenal , de Ferrol. Levo dez anos retirado de dita actividade. Estiven afiliado ao sindicato nacionalista CIG, e pertencín e aínda pertenzo a máis de unha organización ecoloxista.

One Comment

  1. Creo que unha candidatura única de esquerdas con Anova e EU sería bastante millor que ir por separado. Sería incluso millor se o Bloque tamén se sumase.
    Con Anova, Eu e Bloque por separado; o socialistas con ese supercandidato de Foz, o PP ten que estar frotándose as mans. Eu o faría se fose eles. Mais do mesmo. Todos mirando para o embigo. E o PP ríndose de todos. E con razón.
    A entrevista é mais ben vaga. Unha declaración de intencións vaga.
    Auguro maioría absoluta do PP sen despeinarse.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off