off
Cultura, Galiza, Xente — 4 Marzo, 2015 at 9:58 a.m.

Patelo, o xenio galego da mecánica en miniatura

by
José Manuel Hermo Barreiro “Patelo” é un mecánico naval xubilado mundialmente coñecido pola súa xenialidade, a construción de motores de aire comprimido en miniatura. Patelo naceu en Noia no  ano 1940, contando un ano de idade, trasladouse coa familia a Cádiz onde tiña base o pesqueiro no que faenaba o pai.
A paixón pola mecánica e polo mundo do mar deulle dende rapaz,  aos 15 anos agasallárono cun libro de motores e quedaba a durmir con el. Estudou Formación Profesional e traballou nun taller. Foi daquela con 22 anos cando fabricou seu primeiro motor de verdade a escala real “Un diesel de seis cabalos”, fixo planos, moldes e mandou fundir e mecanizar nese mesmo taller. Fabricouno para un curmán que chegara de volta de navegar cunha perna de pau e como medio de vida  saír a pescar marisco nun barquiño de cinco metros a remo. Un bo dia Patelo díxolle  ‘mira, vouche facer un motor’. O barquiño con aquel motor tirou 22 anos funcionando.
Patelo soña con montar a sala de máquinas completa dun transatlántico, cos seus catro motores.
Logo Patelo foi doce anos embarcado traballando no Gran Sol boa parte do seu tempo como xefe de máquinas até que foi nomeado inspector de máquinas en Las Palmas, cargo que exerceu trinta años
Pouco antes de xubilarse atopou un torno vello oxidado, e pensou que xa sabía o que facer cando chegara a xubilación. Restaurou aquel torno e comezou a fabricar pequenos motores. xa leva unha ducia, y de todos recorda o número de pezas exacto e as horas que lle levou rematalos, son como fillos para el. Destaca entre eles o que se considera probablemente o motor V12 máis pequeno do mundo.
Os motores funcionan con aire comprimido, así os fai porque non quere contaminar e para poder exhibilos en espazos pechados. Adícase a mostrar os seus traballos nos colexios e institutos que o convidan a falar.  “A mecánica estase a perder, non hai mecánicos senón cambiadores de pezas, agora teñen que reparar unha peza e no saben facelo. Por iso eu quero darlle una inxección a esta xuventude, que se queda estancada, a ver si collen algo de oficio”.
Logo dun ano de traballo e con 75 recen cumpridos José Manuel superouse coa súa última creación , un motor W-32 en miniatura cuxa estabilidade permite colocar 4 moedas de canto encima do motor en funcionamento sen que se movan
Todos os seus  traballos están documentados en vídeo e colgados en Youtube. Graba por episodios coa colaboración do seu fillo, e adica seus traballos “a tódolos amantes da mecánica, aos colexios de enxeñeiros e sobre todo aos estudantes de Formación Profesional”. A súa canle ten case 17500 subscritores, os seus vídeos millóns de entradas de todo o planeta (o vídeo do motor V-12 máis pequeno do mundo leva 8.328.726 visitas) e centos de foros de mecánica e motor reflicten a obra de Patelo, louvando a súa mestría,  precisión e xenialidade, pois non utiliza ningún aparello de control numérico nin nada semellante.
Logo dun ano de traballo e con 75 recen cumpridos José Manuel superouse coa súa última creación , un motor W-32 en miniatura cuxa estabilidade permite colocar 4 moedas de canto encima do motor en funcionamento sen que se movan. Leva  850 pezas, 632 parafusos e 2.520 horas de traballo.
Patelo soña con montar a sala de máquinas completa dun transatlántico, cos seus catro motores. Levaría unhas 6 anos de traballo máis non lle gustaría deixalo sen rematar. El afirma que a súa afición non ten nada que ver coa paciencia senón coa ilusión e a paixón.
José Manuel Hermo Barreiro “Patelo” ademais de un xenio, tamén é un gran mestre a ter en conta non centros de formación.
-Motor V-12 más pequeño del mundo.(Smallest V-12 engine of the world)
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=3YfTtGCsiD8&list=FL8hgTHwt2gZSe2QNkWK4bqw[/youtube]
-Motor W-32. Miniatura.W-32 Engine
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=ZVuKp5M3de8[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off