off
Política local — 24 Xaneiro, 2015 at 6:44 p.m.

Santalla, o que non se ve

by
santalla_pistapolideportiva_2_0925
Foto: IPB

O paupérrimo estado da que fora pista deportiva de Santalla contrasta co inxente investimento no centro da vila ou no rural máis visibel ( velaí  os 50.000 euros investidos no merendeiro e na pista deportiva de San Fiz de Esteiro). Mas o que realmente evoca unha mostra asín de desleixo e de abandono, é unha poboación envellecida  e a falta de incentivos reais  para que o rural acolla novas familias para alí desenvolveren  os seus proxectos de vida e de empresa (conexión a internet de banda larga, recollida selectiva de lixo, accesos viarios, entre outros). Ao cabo, trátase dun desleixo producido por falta de uso (Santalla apenas chegas a 200 habitantes)  que un mínimo mantenimento tería salvado da desfeita, mas tamén pola falta dunha política dirixida a vertebrar o territorio. A crise económica que dende hai anos asola o país non fixo máis ca engadirse a  unha situación de crise estructural no mundo rural galego que hai moitos anos que perdura.

o goberno do PP teima en focalizar as súas intervencións en proxectos que centralizan  ainda máis na vila  servizos sociais e comunitarios cando do que se trata é de compensar a estructural tendencia centrípeta  cara o medio urbano

O número de persoas empregadas no sector primario non fixo outro cousa máis que recuar mália a existencia de subvencións europeas á agricultura que foron obviamente desaproveitadas. Malia as incertezas o comportamento político e eleitoral do rural cedeirense e galego en xeral está na liña das sociedades rurais de tradición conservadora sen que ese enraizamento  favorabel ao PP tiver unha correspondencia política coas necesidades e demandas sociais obxectivas do país. Ollar para outro lado non o vai arranxar.

santalla_pistapolideportiva_0917
Foto: IPB

No entanto, o goberno do PP teima en focalizar as súas intervencións en proxectos que centralizan  ainda máis na vila  servizos sociais e comunitarios cando do que se trata é de compensar a estructural tendencia centrípeta cara o medio urbano. Velaí a teima en  promocionar un proxecto residencia privado dirixido a maiores de 60 anos, no canto de planificar e dinamizar a medio e longo prazo  unha mellor cobertura de servizos e conservación do patrimonio e do medio que permita que zonas con pouca poboación ou baixa densidade demográfica as persoas non teñan que abandonar a súa casas na parroquia para mudarse á vila a pagar unha residencia privada.Que  as persoas máis novas poidan pensar no rural como unha alternativa de asentamento onde desenvolver o seu proxecto de vida.

 O abandono das pistas deportivas ilustra non só desleixo da administración mas a total falta de política específca ( cando a bonanza econòmica, candos os ingresos asociados ás licenzas de obras engraxaban as boetas municipais permitiu ao enterno Leopoldo Rubido ir chantando equipamentos que agora costan de manter…mas servian para arrepañar votos).Certo é que responsabilidade non é só súa: a desproporción financeira foi subvencionada pola Deputación e a Xunta. E a cidadanía consentiu.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off