off
Política, Politica espanhola — 6 Xaneiro, 2015 at 12:29 p.m.

Filipe VI vira o seu discurso diante do exército:dunha nación unida e diversa a unha Gran Nación

by

capa-elmundo_Ollaparo20150105Filipe de Borbón reivindícase como militar diante das forzas armadas, que ainda non foron quen de asumiren a abdicación de Xan Carlos, que non asistiu, diante da visibel  decepción dos militares ao descobriren que estaba a celebrar o seu  77 aniversario en California.

“Anímovos a seguires traballando coa mesma abnegación, disciplina e lealdade” pola nosa Gran Nación, comprometidos co presente e optimistas co noso futuro”. E agora pídovos que berredes comigo: Viva España!”.

Eís o remate do primeiro discurso de Filipe de Borbón coma rei de España diante das forzas armadas durante a Pascua Militar. Esquecendo a afirmación”  unha “nación unida e diversa onde cabe todo o mundo” empregada no primeiro discurso logo do anuncio de abdicación do rei Xan Carlos polo termos “Gran Nación”. Non é en van que o novo monarca escollera un discurso conservador para reivindicarse diante dos militares, que ainda non acaban de s velo como o xefe supremo das forzas armadas , xa que é xefe de estado. Porén, puidose visibilizar unha certa mudanza nas formas -mália alicerzar nun discurso conservador que achica calquera esperanza de que mediara entre o goberno central e a Generalitat catalá en pleno debate soberanista-  xa que pola primeira vez os cidadáns poideron entrar no patio de armas.  O que fica claro é que no seu primeiro discurso de Nadal afiuza o discurso do  PP en contra do proceso, ignorando a pluralidade nacional do estado e defendenco como intocábeis as regras fixadas no 78, apelando ao diálogo como única concesión feita.

O ministro  de Defensa, Pedro Morenés,  tamén fixo un discurso no que anunciou que “as forzas armadas reafirman o compromiso na defensa de España e os espazo de soberanía”. Nunha entrevista en El Mundo a pasada terza-feira, o ministro consideraba que ” o soberanismo irrita do mesmo xeito a un militar que a calquera outro español”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off