off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Politica espanhola — 28 Xuño, 2014 at 11:10 a.m.

Convocadas mobilizacións en toda Galiza contra a represión sindical e polas liberdades democráticas

by

Sob o lema “Defender os dereitos da clase traballadora non é delito!” á CIG súmanse na convocatoria CCOO e UGT para reclamar o dereito a defenfer  a millora nas condicións laborais logo de que se produciran denuncias  e xuizos contra persoas que participaran en accións reivindicativas sindicais.


 

O vindeiro luns 30 de Xuño, a CIG convoca diversas mobilizacións en toda Galiza contra a represión sindical e polas liberdades democráticas. Na comarca de Ferrolterra a mobilización será ás 20 h. na Praza de España de Ferrol.

En todo o estado hai máis de corenta casos. No noso país sobrancean os casos de dous traballadores do sector das mercadorías ou  do sector das instalacións deportivas, todos eles con sentenzas desproporcionadas e recursos rexeitados. A estratexia é alimentar o medo através do legalismo ideolóxico, un modus operandi direccionado a limitar o espazo social e inducir a pasividade  fronte a inxustiza de vermos como se recortan de xeito premeditado dereitos  entanto a economía do mercado libre e a oligarquía económico-política da democracia parlamentaria do Estado non manteñen ningúnha das súas promesas e cando a cumpren fano a costa dos sectores sociais máis desfavorecidos entanto se conserva e protexe o “espírito do rico”,  o empresario especulador que continua a medrar a costa de sementar muros estatísticos de afliccións diarias, desemprego  e dereitos sistemáticamente destruidos ou atacados.

Auto-inculpacións en defensa da clase obreira (A Coruña, 27/6/14)

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=0pwsYU51KwA[/youtube]

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off