off
Ollaparo — 7 Maio, 2014 at 6:28 p.m.

Rectificación de Ollaparo

by

Ollàparo LogoFai parte do estilo da revista defrontar os feitos e asumir os erros. Por mor  do seguimento informativo da entrevista da eurodeputada Ana Miranda cos responsables da Confraría de Pescadores,  Ollaparo tivo acceso ao patrón maior Agustín Pérez quen confirmou que a Confraría fixera  unha alegación en contra do proxecto de dragar a praia, para “maquillar” de cara o verán, o seu debalo  a conta da reserva da ría de Cedeira, que sirve de contedor do próprio areal até a liña superior da preamar máxima viva equinoccial, que é onde veñen de meter as pás.

A incerteza xerada na opinión pública logo da presentación do informe-memoria de Costas para a praia da Madalena, o baile de declaracións  e comunicados de prensa emitidos pola propia administración, o Concello de Cedeira, o PP e o Psoe, as máis das veces contradictorios ou pouco fundamentados,  xerou unha percepción de confusión e desleixo xeral. Malia pretendermos chegar ao foco da información erramos e informamos o 21 de Abril de 2014  que as únicas alegacións “coñecidas” eran as de Adega-SomosCedeira. Agora sabemos que a Confraría tamén fixera a súa,ainda que non a coñecemos polo miúdo. Non se faltou á verdade, porén, erramos na presuposición, cecais por  acreditarmos e confiarmos na transparencia que se lle presupón ás organizacións democráticas malia non informaren dun xeito directo, inequívoco e claro á cidadanía das súas decisións.

É preciso pedir desculpas aos lectores, admitir o erro e convidar  a toda a cidadanía e a sociedade civil a informar e publicar na revista calquera nova ou tema relacionado  ou de interese xeral. Non hai que gardar silenzo,é dicir, para nós o anonimato non é unha opción e descargarmos a responsabilidade que nos toca na revista.

2 Comments

  1. Na semana posterior ao peche do prazo, técnicos do Magrama informáronnos que as UNICAS alegacións presentadas onde era preceptivo presentalas, na Subdirección de Avaliación Ambiental, eran as que de xeito conxunto presentaron Adega e SomosCedeira.

    Non son opinións nosas, senón do Magrama. Incluso dixeron que habería unha prórroga a ver se polo menos a Confraría alegaba. Asi foron as cousas, así as contamos.

    A cousas é sinxela, abonda con ver as alegacións da Confraría, a quenes se dirixiron, e a data. Só así se verá se realmente se incurriu nun erro… Ou non.

  2. O erro neste caso está en quen alega e non fai pública esa alegación. Protexer e procurar extender unha reserva maríña de interese pesqueiro non conleva ser reservado na súa protección e defensa. Para ser mariñeiro hai que mollarse, tamén no século XXI, en maior medida por desgraza.
    En calquer caso, moi agradecidos pola deferencia, a sinceridade e o trato dado.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off