off
Meio ambiente — 11 Abril, 2014 at 5:55 p.m.

Agora mesmo: charla- coloquio sobre a praia da Madalena, situación actual e alternativas

by

Ás 20 horas no auditorio de charla cívica sobre ,

e .Todo preparado para a charla-coloquio multimedia:problemática da praia da Madalena:en 20min

Ollaparo_AdegaSomosCedeiraVai chegando xente interesada en coñecer as propostas de e

Fernando Igrexas (Somos Cedeira)  fai un repaso histórico á problemática da praia e presenta ao ponente de Adega, o biológo Xandro logo de agradecer o traballo da ANPA Picapeixe e da Asociación de Veciños de Piñeiro.

“dámosvos as gracias por vir a manifestar a vosa opinión no debate que se abrirá despois. Temos moito intereses en coñecer de primeira man a vosa opinión”

Xandro García (Adega):

“A desaparición de areais non é algo que só ocorra en Cedeira, acontece en moitos outros areais de Galiza [Orzan-Riazor, Rodas (nas illas Cíes), Aguete, etc] e non é de estrañar, pois isto é consecuencia dunha nefasta xestión urbanística, na que se constrúe a toda costa e sen mirar as consecuencias.”

Ollaparo_adegasc_3

“Na dinámica actual de mudanza climática na que está o planeta, que cada vez ten unha temperatura máis elevada e na que como consecuencia o nivel do mar estase a incrementar, estes conflitos son lóxicos e acontecen en todo o planeta. Dende esta perspectiva, atopámonos con que sobre a franxa litoral existen dúas presións, unha que ven dende o mar, con esa tendencia de incremento do nivel, e outra que ven dende terra construíndo enriba do litoral, e alterando as dinámicas naturais.”

“Aínda que o problema se ve só na praia, no mar as cousas non se poden compartimentar, e os procesos que se manifesta na praia, non só afectan á praia senón que se enmarcan dentro dos movementos de auga que hai en toda a ría, e tamén se ven influenciados polos de fora da ría. Tratar de resolver solo o problema existente na praia sen mirar o problema dun xeito máis xeral, é un erro, e a solución que se lle de non será efectiva.”

“Imos tratar de empregar nesta presentación os datos que nos proporcionou Costas xa que nós, obviamente, non temos capacidade para realizar estudos científico xa que custan moitos cartos, e requíren instalacións e persoal cualificado”

[wzslider autoplay=”true”]

“No informe que a Demarcación de Costas elabora para comezar o proceso de avaliación ambiental deste proxecto, fanos chegar un documento chamado “Memoria Resumen: Actuaciones en la morfología en la playa de la Magdalena en Cedeira, T.M. de Cedeira (A Coruña)” neste documento analízanse as bondades deste proxecto. Tratan de identificar cales son os problemas existentes na praia.”

“…debido á errada política urbanística que non tivo en conta como ían afectar as construción sobre a a praia, produciuse un desaxuste sedimentario na parte norte da praia, na que os sedimentos que son retirados, non volven ao sistema, razón pola cal, a praia desaparece

Estanse a debullar as  propostas de Costas:

“O 22 de Xaneiro ADEGA foi notificada da existencia un proxecto de costas datado en novembro de 2013, que estaba a comezar o seu proceso e avaliación ambiental. Neste primeiro paso do proceso a subdelegación de avaliación ambiental consultounos a 18 entidades sociais e da administración se víamos acaido que este proxecto fose avaliado ambientalmente. Rapidamente Adega púxose en con SomosCedeira, para mirar de elaborar un texto en común, que obviamente iría en sentido positivo, é dicir: Si que precisa dunha avaliación ambiental.

“O proxecto de costas consiste basicamente no deitado de area na praia, que será da orde de 75.000m2 de area, e a construción dun dique de canleamento. Co deitado de area, tratarían de recuperar o perfil da praia, e co dique de canleamento estabilizar zona norte da praia (a zona máis afectada). Estas actuacións non veñen máis que a ser uns parches para a situación actual, dende o noso punto de vista. A pesar de que se está a citar como fonte de datos o informe que elaborou costas, é un documento incompleto, e cheo de erros. Como exemplo, imos poñer un exemplo paradigamático. Na parte que atinxe á bioloxía da praia, citan unha comunidade denominada “Comunidad de Venus Gallina” mal escrito xa que na nomemclatura científica a segunda palabra debe ir en minúsculas, e como é latín en cursiva. Esta especie xa non se chama así, agora recibe o nome de Chamelea gallina. Na descripción di “Esta comunidad se presenta en los fondos sumergidos de la playa de Baleo situada fuera de la Ria.” nós preguntámonos como chegaron a esa concusión se as únicas mostraxes citadas no estudo foron recollidas na praia da Madalena e só fron 4 mostras (moi poucas). Por último máis adiante dí “En este caso, aunque la especie que define la biocenosisVenus gallina no está presente en la muestra, el resto de las especies coincide bien con la composición característica de la comunidad.”

Xandro García afirma que “nós cremos que este documento non cumpre para nada as características que se esperan del e debe ser devolto a costas para ser refeito”

Dique de canleamento

Soportaría este dique o embate de ondas como as que vemos neste vídeo? Realmente será efectivo? Non se acompaña de ningunha modelización da zona nin previsión ou estudo detallado, practicamente limítanse a dicir que o dique é efectivo, porque si pero non fala de que efectos vai ter sobre a reserva mariña

Adega e SomosCedeira pensan que é un parche,” trata de solucionar un problema que costas identifica como causado por unha construción mariña con outra construción mariña, ou sexa, trata de solucionar o problema con outro problema.”

Recheos de area

“…o  deitado de area, está demostrado sobradamente que se trata dunha medida ineficaz xa que esta vai ser a 3ª vez que se fai”

“Depende de como, e cando se faga este recheo, pero de xeito xeral o que provocan é un soterramento da comunidade. Se os animais viven enterrados nos primeiro centímetros da area, ao botarlles area por riba, terán que abrirse camiño cara arriba, e haberá animais que o consigan e outros que morran neste proceso”

 “É fundamental que as características da area que se van verter sexan o mais semellantes posible ás que existen, e non só no grao da area, senón tamén no que atixen a outros parámetros, contido de materia orgánica, composición química, pH, potencial redox, etc, se estes parámetros son distintos na area que se verte, vai producir unha alteración máis grave que se deitase area de iguais características, se por exemplo se verte area de canteira, cunha composición silícea, e non calcárea (como é a da praia), provocará alteracións no crecemento de animais con cuncha formada por carbonato cálcico, como malformacións reducións do crecemento etc.”

Ocurrencia de marzo

O representante de Adega recorda que as palabras do alcalde :a  intervención será a maior das levadas a cabo neste entorno, e calcúlase que se inverteran uns 250.000€ públicos.

“Non sabemos aínda de onde se sacará a area que verterán na praia, pero está claro que se a recollen da reserva mariña estaranlle a causar dous prexuízos, un na zona que a retiren e outro na zona que verten”

“Empregarán unha empalizada duns 300m de longo que non entendemos que función ten xa que este método adoita  empregarse para minimizar o impacto das ondas na costa antes de que se cause o dano, e non a posteriori.”

ADEGA e SomosCedeira esixen:

1.- Non máis recheos de area

Son unha medida ineficaz e moi custosas: o recheo do 2001 custou uns 40 millóns de pesetas (ao cambio uns 240.000€ ) e o deitado de area que anunciaron en marzo será máis ou menos da mesma cuantía uns 250.000€. O proxecto de novembro no que se incluía o dique de canleamento custaría entorno ao millón de €.

É unha medida prexudicial, que causará unhas alteracións sobre o ecosistema, pero haberá que ver como e cando se fai esta actuación para ver cales son as posibles consecuencias.

Irresponsable xa que no pasado teñen acontecido deitados semellantes que causaron prexuízos ao medio ambiente e aos recursos pesqueiros da zona pero nin se cuantificou cal foi este prexuízo nin houbo ningún culpable. Incluso algúns tan escandalosos como os que aparecen na foto con lixo.

Ilegal: xa que o texto de costas fai referencia a unha norma obsoleta, e non ten en conta a creación da “reserva mariña de interese pesqueiro”, polo tanto incumpre as leis que se supón que unha administración ten que facer cumprir.

2. Que se desenvolvan os seguinte pasos

 Un estudo do medio natural: Detallado e conforme á Lei21/2013 de avaliación ambiental: Clima, Xeomorfología, Chans, Auga, Vexetación, Fauna, Recursos Culturais, Paisaxe, Riscos derivados dos procesos naturais, e outros elementos.

Un proxecto integral da ría:Cos datos previos, e empurrado polas autoridades competentes -Costas, Mar (Portos)..- e axentes sociais,

Avaliación mabiental: Sometemento dese proxecto ao procedemento ordinario de avaliación ambiental. Ao ter feito o estudo do medio natural, axilizaríase esta fase, na que poderán xurdir novas alternativas a maiores, cos seus pros e contras.

“A vila de Cedeira, como principal afectada por este proxecto debería participar das decisión que se tomen, ou cando menos ser informada verazmente”, afirma o ponente

Ábrese o coloquio

2 Comments

  1. Somos Cedeira non ten líndes xeográficos, nin hai localismo paifoco, en Cedeira si. Hai moito do espíritu de Somos Cedeira nos Cedeireses que andan polo mundo adiante, que aman profundamente a súa vila e que viven a canda nós a utopía de desexar deixar un mundo mellor para os seus fill@s. En Cedeira non estamos a logralo… necesitamos de tod@s para que a razón, os argumentos e a ciencia prevalezan sobre a senrazón xeralizada, a comenencia irresponsábel e a preguiza popular. Grazas polo apoio clara&ruben. Tod@s Somos Cedeira… todos aqueles que ateusouran dignidade, voluntarismo responsabilidade, e solidaridade

  2. clara&ruben

    primeiro a noraboa polo traballo e esforzo . de acordo con que se faga un estudo e se tomen solucions con xeito. a praia estase quedando que da pena.ano tras ano seguen a facer o mesmo e ben se pode observar que non e a solucion.pensamos que xa e hora d facer as cousas ben!e de coidar a vila!saudos navarros!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off