off
Meio ambiente, Movementos sociais — 9 Abril, 2014 at 9:45 a.m.

Adega e Somos Cedeira farán unha charla-coloquio para informar do problema da praia

by

20140411CharlaScAdegaQRPDFAdega e Somos Cedeira convidan a veciños e organizacions, a partidos políticos, sindicatos, organizacións cívicas ou á cidadanía en xeral preocupada pola xestión racional do entorno natural, a participaren nunha charla coloquio de acceso libre e aberto para informar da problemática da praia da Madalena de Cedeira, e da actividade feita a prol da súa recuperación.

As actividades previstas son as que seguen:

CHARLA COLOQUIO, DIA 11, VENRES, 20 HORAS:

A charla e o debate terán lugar na cafetería do Auditorio Municipal (2º andar) no dia venres 11 de abril, nesta vila de Cedeira, ás 20 horas.

CONCENTRACIÓN CÍVICA, DIA 17, XOVES (FESTIVO), 12 HORAS:

A concentración cívica terá lugar na Ponte Nova, entre a Praza do Peixe e a Praia da Madalena, no dia festivo xoves 17 de abril, nesta vila de Cedeira, ás 12 horas.

Para máis información a coordinación do evento faciltan os seguinte telefono de contacto:637 71 02 08

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off