off
Banda deseñada — 31 Xaneiro, 2014 at 12:37 p.m.

Onde iremos sen OINK!

by

Oink! precisa da túa axuda para seguir adiante. Oink! A revista do Xabarín Club, unha publicación mensual de banda deseñada e outros contidos para público infantil e xuvenil en galego, naceu este verán e logo de catro números viuse obrigada a frear  e facer unha chamada pública á súa audiencia (á actual e á potencial) para procurar un sostemento económico para asegurar a súa continuidade.

 

“se non atopamos mil familias que se queiran subscribir á única publicación infantil-xuvenil en galego, pois daquela teremos que estar preocupados polo futuro da nosa lingua” Marcos Ferreira (en Praza)

O seu director, Marcos Ferreira, adiantaba hai uns días  a intención de lanzar unha campaña de crowdfunding e de subscricións, unha campaña de vén de comezar. As achegas que se poden facer van dos 3 euros até os 140 euros.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off