off
Politica espanhola — 6 Decembro, 2013 at 10:56 a.m.

A razón política de Rubio Llorente

by
Francisco Rubio Llorente vén de ser, máis unha vez, o único constitucionalista  español á altura do presente, disposto a debullar unha saída acaída e asisada ao conflicto Cataluña-Estado Español. Dixo no xornal El Pais que “se debería autorizar  un referendum en Cataluña para que o cataláns poidan expresar o seu desexo”.Á marxe de que este desexo fose a independencia-  cousa que Rubio Llorente non desexa- o goberno central podería estudar a reforma da constitución- velaí o asisado do seu razonamento-  . Fronte ás ameazas e a testosterona centralista,  unha oportunidade para a razón política.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off