off
Cedeira, Entrevistas, Política local — 4 Decembro, 2013 at 6:47 p.m.

ANOVA-Cedeira afronta a súa primeira asemblea aberta

by
A comezos do novembro a cidadanía cedeirense coñecía   da constitución  da organización política ANOVA Cedeira pola prensa comarcal.  A escasas horas de  celebraren a primeira asemblea aberta, Olláparo ofrece aos seus leitores unha entrevista cos responsables da irmandade nacionalista realizada o pasado 11 novembro, unha formación que terá na portavocía a  Camilo Casal, na coordenación a Francisco Díaz e nas finanzas a Lino Castro

Desde a constitución de Anova Cedeira hai 3 meses, en que consistiu o voso traballo político?

Anova Cedeira constituise o pasado 30 de outubro. Os tres meses anteriores adicámolos a recibir información en directo por boca de varios compañeiros da Coordenadora Nacional, comezar a contactar con algunhas persoas e ir ampliando o círculo pouco a pouco, debater un documento moi básico que será o cerne do Regulamento de Réxime Interno que nos permitira dotarnos dunhas regras mínimas de funcionamento, e pouco máis.

Os tres meses anteriores adicámolos a recibir información en directo por boca de varios compañeiros da Coordenadora Nacional, comezar a contactar con algunhas persoas e ir ampliando o círculo pouco a pouco

Como valorades o traballo feito por Somos Cedeira?

Interesante e positivo como labor de denuncia dos graves problemas que padece o concello de Cedeira. Quizais demasiado ambicioso e intenso en función das forzas con que contaba.

A que organizacións locais vos achegades ou con cales vos sentides vinculados?

O noso desexo é colaborar con calquer organización cívica conxuntural ou con vocación de permanencia que defenda os intereses da maioría social, sen sectarismos, apoiando as súas reivindicacións sempre que nos parezan xustas, aínda que non coincidan exactamente cos nosos obxectivos. Non temos referente algún a escala local nin nos sentimos vinculados a ningunha organización.

O noso desexo é colaborar con calquer organización cívica conxuntural ou con vocación de permanencia que defenda os intereses da maioría social

Vista a escasa participación cidadá, como pensades concienciará xente a que saia da casa?

Aparte de tratar de dinamizar calquera movemento que vaia xurdindo e poñendonos á cabeza das reivindicacións, o ideal sería ir contactando paseniñamente coas asociacións máis representativas e escoitar os seus problemas. Somos perfectamente conscientes de que as nosas forzas son moi limitadas, polo de agora.

Pensades que a fragmentación permitiría unha maior participación? Como pensades sustanciar o tendido de pontes co BNG e co tecido asociativo?

A fragmentación, en principio, non é boa, pero a realidade é a que é. Despois dunha ruptura traumática, non é doado recompoñer as relacións, o cal non quere dicir que non se deba intentar levar adiante actuacións conxuntas no plano local. Pola nosa banda, aspiramos a ilusionar a gran parte do elctorado e ser como unha bocanada de aire fresco. Logo xa iremos vendo. A segunda parte da pregunta, coidamos que xa foi respostada antes.

Despois dunha ruptura traumática, non é doado recompoñer as relacións, o cal non quere dicir que non se deba intentar levar adiante actuacións conxuntas no plano local.

 Cales son os problemas máis graves con que se atopa Cedeira?

Para calquera  organización, incluso case nos atreveriamos a dicir que de dereitas, os problemas máis serios son comúns, a diferencia está en priorizalos e como arranxalos: o paro, o estado da praia, a contaminación do conxunto río- praia debida en boa medida á non separación de augas pluviais e fecais (agás no casco antigo), sentar as bases para a recuperación integral deste, poñer en valor a Capelada, a inactividade do polígono da Trabe, a creación dun centro de día, o saneamento das parroquias,……

Para calquera  organización, incluso case nos atreveriamos a dicir que de dereitas, os problemas máis serios son comúns, a diferencia está en priorizalos e como arranxalos…

En canto ás eleccións europeas, Anova baralla varias opcións: facelo en solitario, ir con EU, facelo como integrante dentro dunfa fronte máis ampla de carácter estatal ou ben ir con outros grupos nacionalistas de Euscadi, Catuluña e País Valenciá. O conxunto da militancia decidirá en referendo, unha vez que estea debidamente informada. Unha aperta e perdoade o retraso en contactar con vos, propiciado polos apuros destes días.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off