off
Política local — 30 Novembro, 2013 at 11:19 a.m.

O BNG denuncia a actitude predemocrática de Leopoldo Rubido

by
A portavoz do BNG no Concello de Cedeira remite á cidadanía a seguinte nota de prensa

Ante o acontecido no pleno extraordinario para debatir o traslado do local de maiores, celebrado este venres , 29 de novembro no Concello de Cedeira, o BNG vemonos na obriga de recordarlle o seguinte ao señor alcalde:

– Estamos no século XXI e vivimos nunha democracia por moito que haxa quen queira acabar con ela restrinxindo todos os dereitos fundamentais dos cidadáns.

O BNG no tempo que levamos de lexislatura, nunca temos entrado en ningunha descalificación personal, nos argumentamos todo o que debatimos porque esa é a labor dos representantes políticos. Nunca lle faltamos a ningún ao respecto e vostede hoxe coa sua actitude dictatorial e predemocrática si o fixo.

Os plenos municipais non poden ser un mero trámite para que o seu grupo de goberno abuse da sua maioria absoluta sen querer nin escoitar a oposición e dando por rematada a sesión cando a vostede lle parece.

-Faltoulle ao respecto a toda a oposición, a todo o público, na sua maioria persoas maiores contrarias ao traslado do local social, que enchían o salón de plenos e tamén a todo o pobo de Cedeira, porque os plenos constan cartos que saen dos petos de todos.

Vostede mesmo manifestou neste pleno que si chega a saber a que se monta polo tema do traslado do local social dos maiores non tería tomado a decisión que tomou, pois ben rectifique, pida disculpas polas suas maneiras e escoite a xente que é a sua obrigación como alcalde do concello.

Ademais disto, e con respecto ao pleno ordinario celebrado o mesmo 29 as 11, o BNG queremos destacar que foron aprobadas por unanimidade as seguintes mocións que presentamos:

-moción  contra a suba do canón de Sogama.
-moción para paralizar a venda de novagalicabanco
-moción contra os recortes na protección das vítimas da violencia de xénero
-moción  para eliminar o copagamento de medicamentos a personas doentes crónicas non hospitalizadas na sanidade pública
-moción presentada polo BNG a petición de ADICAE para a enmenda de adición ao real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro polo que se aproba o texto refundido da lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras Leis complementarias(claúsulas suelo).

A moción do BNG contra a impunidade da marea negra do Prestige e a prol da transferencia de competencias marítimas a conta de Galicia foi rexeitada polo PP por non estar de acordó co tema da transferencia de competencias.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off