off
Política local — 3 Outubro, 2013 at 5:52 p.m.

Somos Cedeira apela a informes xurídicos da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa

by

O colectivo Somos Cedeira  vén de achegar razonamento xurídico na Lei 33/2003, do Patrimonio das Administracións Públicas   (da que a Lei do Patrimonio de Galicia expecifica na exposición de motivos que “non se limita a regular o patrimonio do Estado, senón que tamén contén normas de aplicación xeral e de carácter básico” Artigo 51  e 62) e o Informe 25/2008 da Xunta Consultiva. Ambas e dúas levan á vixente normativa  patrimonial que se substancia  en garantismo: respecto dos principios de igualdade, publicidade e concorrencia. Ao cabo, o apelo de Somos Cedeira á legalidade vixente para que a transparencia e o respecto escrupoloso dos principios de obxectividade se tornen pedra angular da administración local, non é outra cousa que un convite á cidadanía toda, positivamente, con transparencia e claridade conceptual. Máis ca nunca, con taxas de paro e de incerteza difíciles de asimilar, precisamos un ambiente social de cooperación que recupere a confianza  na política e no papel activo da cidadanía que finalmente é a receptora dos servizos.  Un chamado ao goberno e á oposición, aos órgaos públicos encargados de control, verificación e supervisión dos procesos de contractación e licitación pública.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off