off
Ecoloxía, Meio ambiente, Mundo — 14 Setembro, 2013 at 3:33 p.m.

Descobertas reservas de auga en Quenia

by

O Goberno do Quenia e a UNESCO anunciaran esta semana que foran descobertas reservas subterráneas de augua que poden ser estratéxicas para este país africano, constantemente fustigado pola seca. A cantidade de auga armazenada é suficiente para abastecer o país nos próximos 70 anos.

A descoberta foi posíbel grazas à utilización dunha tecnoloxia avanzada de exploración via satélite, financiada polo Xapón, que funciona de forma semellante á tecnoloxia utilizada na pesquisa de depósitos de petróleo. Os resultados foran depois confirmados no terreno por perforacións realizadas por unha equipa da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura).

 

A rexión está hai dous anos a vivir unha terribel seca, que fixo  aumentar a taxa de desnutrición até aos 37%. Segundo o Goberno e a UNESCO, mais de un terzo da populación queniana (ou sexa, 17 dos 41 millóns de habitantes) non ten acesso a augua potábel e 28 millóns de persoas non teñn saneamento.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off