off

50.000 euros en multas por rotular en galego

by

O micro fascismo vaise agrandando. Recólleo Carlos Callón no seu blog:

O Goberno español, a través da Garda Civil, foi o que ordenou, con agresividade, con ameaza de máis sancións, que se tapasen os únicos sinais que había en galego nas autoestradas. Que nos digan en que lexislación se basea o Goberno español para sancionar (con 50.000 euros!) por colocar rótulos en galego. A lexislación vixente di que o galego debe estar presente nas sinalizacións públicas: – Real decreto 334/1982. – Artigos 6 é 11.2.b do real decreto 1465/1999. – Artigo 13 da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Xa que non nesta, cal é a lexislación a que remiten para sancionar por usar o galego?

 

Ollo ao prato, ollo ao gato

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off