off
Política — 13 Maio, 2013 at 2:51 p.m.

O Vidal Bolaño para o blogue “De volta para Loureda”

by

O premio Vidal Bolaño de hogano vai para o blogue “De volta para Loureda” feito polos familiares e amigos do preso Carlos Calvo. É unha forma de premiar aos colectivos que estan a dar apoio a un grupo de persoas presas á vista de xuizo.

Lembremos que o propio Vidal Bolaño fora unha persoa moi sensible cos presos, levando en persoa no ano 2000, ante a Delegación do Goberno, xunto con Manuel Lourenzo e Manuel Maria, o escrito asinado por centos de intelectuais (Carlos Casares e Isaac Diaz Pardo entre outros) no que se advogaba polo indulto a un grupo de presos galegos que levaban varias décadas en prision por “delictos políticos”.

Concesións coma esta dignifican a este grupo de xente anónima que se esforza por romper os cercos de vixiancia e expor á sociedade o estado das persoas presas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off