off
Economía — 27 Novembro, 2012 at 10:14 a.m.

“Feijóo escoita, os gandeiros estamos en loita”

by

A folga de entrega de leite está en marcha dende as doce desta noite. O paro convocado polos tres sindicatos maioritarios do sector (UUAA, XXAA e SLG) axecútase logo do fracaso da reunión  coa  Xunta, industria e as empresas distribuidoras. 12.000 explotacións de leite en Galicia están ao límite da súa continuidade. O corte de fornecimento  é unha medida agónica  e sen marxe para os productores xa que segundo os cálculos dos sindicatos pódense deixar de vender  6.000 toneladas de leite ao día  e perdas por  explotación  de  250 euros de media. A mesa de negociación agarda que se haxa unha reacción por parte das distribuidoras para chegar a compromisos concretos para que a medida de presión non vaia alá das 72 horas.

 

Declaracións da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, trala xuntanza entre Consellaría de Medio Rural, sindicatos agrarios, cooperativas, industria e distribución, celebrada en Compostela o 26 de novembro, seis horas antes de que comezase a folga de entregas do sector.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off