off
Rebuldeiras do Cego das Cancelas — 25 Outubro, 2012 at 14:56

Pentálogo para a resaca electoral

por


Que o país está doente

unha copa de augardente.

Que o goberno non o amaña

unha cunquiña de caña.

Que o tempo vén de friaxe

ponlle unha de tarraxe.

Que o mundo virou para tolo

   …bótalle un grolo!

Que se cabrea o veciño

   …outro copiño.

1 Comentario

  • Ou iso ou lorazepán na auga da torneira. Eu agora estou máis pola fotosíntesis, esta é máis proveitosa sempre que se faga o mínimo esforzo. Nunca ten resaca.

    Outro grolo á túa saúde e vaia pola ánima do Tio Leira

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: