off
Economía, Politica espanhola — 28 Setembro, 2012 at 10:32 a.m.

Orzamentos para pagar débeda

by

«a democracia dacordo cos mercados» Angela Merkel

 

Se fica unha cousa clara é que o goberno de Rajoy non é quen de domear a prima de risco, nen o resgate bancario nen o resgate “mol” prometido polo BCE.  Medran só tres partidas:  pensions ( que se sigue a medrar a inflacción, o costo da vida, non terá efecto), as bolsas e os intereses da débeda, un 33% máis, perto de 10.000 millóns, que vén sendo o que se “aforrou” nos ministerios e o aumento do novo IVE. Cómo estarán as cousas que para pagar as pensións o goberno de Rajoy ousa tirar da ucha das pensións, o chamado Fondo de Reserva, previsto para grandes mudanzas democráficas. E voltan as subvencións públicas para a compra de veículos.

A subida das pensións supón dúas contrapartidas, por unha banda incumprir a decisión de baixar un punto en 2013 as cotización sociais e,por outra, que é máis grave, a decisión de tirar pola primeira vez do Fondo de Reserva da Seguranza Social para poder pagar pensións. O Estado apañará 3.063 millóns da ucha, o límite máximo que lle permite a lei ( en maio este fondo era o 6,33% do PIB, 67.949 millóns).

Apróvanse novos impostos, mais síguese sen exixir nada aos que os evadiron.

Serven estes orzamentos orientados ao cumprimento do obxectivo do déficit para alonxarnos ou para achegarnos ao resgate ?

Van revalorizar as pensións no caso de que a inflacción siga a subir?

Máis desemprego, máis recesión, máis fraude fiscal.Incerteza. Cómpre agardar, saberémolo após   eleccións de outubro.

 

Á espreita.

 

 

One Comment

  1. Serven estes orzamentos orientados ao cumprimento do obxectivo do déficit para alonxarnos ou para achegarnos ao resgate ?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off