off
Fin de semana — 21 Setembro, 2012 at 5:57 p.m.

Viva San Cosme !

by

Hoxe comenzan as Festas de San Cosme, a segunda en importancia do Concello de Cedeira, isto sen restarlle importancia ás outras que se celebran nas restantes parroquias. Son unhas festas para mín tan importantes, que decidín “intencionadamente” celebrar o aniversario e o santo nelas, como non poido invitar a todo o mundo a tomar algo por culpa da crise, aproveito o Olláparo para adicarlles unhas fotos e poesías, que me han saír máis baratas.

Non te durmas nos loureiros


Voltarán a frorecer as utopías

nesas mentes embotadas de rencor,

pois os bos e xenerosos non se esquencen

que este mundo sen os sonos é peor.

&nbsp

E se agora andas falto de inquedanzas

non te durmas na desidia e no sopor,

vota a andar pola senda da esperanza

mentras quede no teu corpo algo de bó.

&nbsp

Se ti cres que é millor pasar de todo

e que os sonos só son bos para durmir,

voltarei a cantarche a mesma nana,

e direi que a utopía erela ti.

&nbsp

Ponte,Condomiñas e Dorna de excepción.Foto: Gelo do Moure

 

 

 

 

A amizade

Eu “amigos” tiven moitos

pero tamén os perdín,

direi que a culpa foi deles

e eles dirán que de mín.

&nbsp

Como se perden as cousas

tamén se perde a amizade,

que ninguén rabee disto 

se non hai peores males.
&nbsp

A vida segue para diante

non hai que mirar para atrás,

que percorrendo o camiño

a outros atoparás.
&nbsp

Pero por casualidade

se atopas un bó amigo,

gardao como “ouro en pano”

non abondan, son testigo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off